CAMELIAS MASCOTAS

Pepe Xeito (Cachamuíña)

Como é o personaxe de Cachamuíña?

Soldado e capitán do exército. Naceu en Ourense e viu axudar aquí a Vigo. Foi ferido aquí e logo, pois non o trataron ben, porque acabou sendo esmoleiro da catedral de Lugo. Houbo outros personaxes que non tiveron nada que ver e, sen embargo, recibiron título de conde.

Aínda que é unha personaxe que deixou pegada posto que as súas cinzas se trouxeron a Pereiro e se lle fixo un desfile e todo.

Eu o que trato e de representalo é con fidelidade histórica e cun pouco de teatro, tamén, claro.

Tratamos de recuperar unha festa nosa. Que se saiba a nosa historia. Estamos acostumados a ter que saber o que supuxo o dous de maio, por exemplo, e, sen embargo, a nosa xeración no sabe nada de este momento histórico da vila. Bueno, e aínda non hai moito que os vigueses tampouco coñecían o que é o Casco Vello.

Que supón persoalmente representar a este persoeiro?

Pois eu creo que son a persoa que máis veces representei a Cachamuíña. Máis de 16 anos seguidos. Houbo un momento que quixen deixar paso a xuventude, que hai que involucrala tamén neste tipo de actividades. E este ano volvín porque quixeron “recoller” aos antigos como unha forma de homenaxe. E eu, encantado.

Como foron os ensaios?

Ensaiamos un día a semana sobre 3 horas. Ás veces, un pouco lio. Porque para compaxinar todos os horarios…

Ata que non saídes a rúa non vedes como queda a obra por completo, non?

Si porque nos ensaiamos por partes e ata que chega o día non vemos como queda todo xunto.

Que espera do gran día?

REVISTA NOVEMBRO

Que saia ben… pero espero, tamén, que, dunha vez por todas,  os vigueses pensen que hai que reconquistar máis. Hai que reconquistar máis cousas que non teñen que ver coa festa como o aeroporto ou o AVE…

Espallar o espírito da Reconquista?

Claro, os vigueses temos tanto dereitos como outros. Os vigueses queremos que sexamos recoñecidos sen ter que mendigar.

The following two tabs change content below.

Eva M. Porto

Dende que a súa nai e o seu pai lle regalaron o libro dos por ques, decidiu que sería a nena que buscaría sempre os porqués. Estudou o Grao en estudos do galego e do español na Universidade de Vigo e no 2016 comezou o Grao de Periodismo na Universidade Europea Miguel de Cervantes. Aprendou o “oficio máis bonito do mundo” en Radio Vigo, Diario de Pontevedra e Onda Cero Ourense. Protestando dende 1993.