Pepe Fernández

Tres décadas de experiencia avalan o labor deste estudio creativo composto por Pepe Fernández e Guadalupe Hernández, formados en Belas Artes en Salamanca. Nun mundo tan cambiante como o do deseño gráfico, este tándem pode presumir de ir evolucionando consonte o sector, en adaptación constante.

A oferta de servizos é ben ampla: cartelería, catálogos, creación e posicionamento de páxinas web, folletos, fotografía, packaging, imaxe corporativa, invitacións de voda, portadas de libros, publicidade, vídeo… En resumo, e nas   súas propias palabras: «Puro deseño gráfico». Hoxe en día, cando todo o que nos chega a través das pantallas é efémero, nun consumo usar e tirar, Pepe e Guadalupe avogan polo traballo a lume manso, ese que deixa pouso no tempo.

MILLO VERDE

Ambos os dous deseñadores teñen un estilo de seu, pero saben adaptarse, baixo os límites propios da estética, ás peticións da clientela. A experiencia fainos ser selectivos á hora de asumir o traballo, para se entregar aos proxectos cun sentimento de forte afinidade.

Rúa do Couto de San Honorato, 92 Baixo | 986 49 33 30 | info@pepefernandez.es | pepefernandez.es

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Xornalista cultural, fotógrafo e musiqueiro. E vigués. Director de tres documentais e coautor de Son da cidade. O libro da música viguesa do noso século.