Feminíssimas, de De Ste Xeito Producións

Un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que hai anos que non se ven. Amizade e ideoloxía mestúranse nunha cea chea de humor e contradicións. Este é o punto de partida do novo espectáculo de De Ste Xeito Producións, con dramaturxia de Esther Carrodeguas. Feminíssimas é unha comedia negra sobre a amizade protagonizada por Stephy Llaryora, Noelia Blanco e a devandita dramaturga, baixo a dirección de Xavier Castiñeira. Se non queredes perder esta visión feminista da realidade por parte dunha das dramaturgas máis destacadas do teatro galego, achegádevos a Ártika, a sala da avenida da Beiramar que resiste tras un ano en que os espazos para a cultura demostraron que son o acubillo perfecto para estes tempos tolos.
Data e hora: venres 15 e sábado 16, ás 20.30 h; domingo 17, ás 20.00 h
Lugar: Sala Ártika.
Entrada xeral: 14,00 €
Entrada anticipada: 10,00 € + gastos de xestión
#culturasegura #nonnoscanceles

Por Ernesto Is
Escritor
[Esta reseña foi publicada na revista A Movida de xaneiro 2021 . Podes consultala na versión dixital ou facerte con ela de formar gratuíta nos nosos puntos de distribución. Se queres aproiar o noso proxecto e comezar a recibila na túa casa faite #AMOVIDALOVER ]
Ernesto Is
Últimos posts de Ernesto Is (ver todos)
- ‘El diablo en la playa’, de Matarile Teatro - 31 Marzo, 2022
- ‘MEMO’, de Teatro Ensalle - 23 Marzo, 2022
- ‘Ragazzo’, de Barrosanta - 8 Febreiro, 2022
- ‘Algún sitio al que volver’, de Cambaleo Teatro - 1 Decembro, 2021
- ‘Cariño’, de Vaiembora - 18 Novembro, 2021