CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Propostas para que pequenos e maiores pasen un Samaín de medo

Vigo énchese de bruxas, zombies e pantasmas para celebrar o Samaín. Ao longo dos vindeiros días, a cidade estará repleta de actividades para todos os públicos para celebrar esta festividade terroríficamente divertida.

A continuación deixámosvos unha lista coas actividades de Samaín para os pequenos da casa.

VENRES 28 DE OUTUBRO

SÁBADO 29 DE OUTUBRO

DOMINGO 30 DE OUTUBRO

CAMELIAS NADAL

LUNS 31 DE OUTUBRO

Os adultos e público en xeral tampouco teñen porque quedar sen celebrar o Samaín, pois hai programación ben interesante tamén para eles. O Calvario terá actividades para nenos e maiores desde o sábado 29 ata o martes 1, como batucada, espectáculo de maxia… Vialia tamén inclúe na programación de Samaín un karaoke terrorífico o venres 28 e o sábado, o Centro Comercial Camelias celebra a Festa do Medo, que mistura Halloween coa cultura xaponesa. O domingo 30 ás 16h terá lugar a concentración motera en Samil, ao puro estilo Ghost Rider e pola noite, Multicines Norte proxectará o clásico filme de terror ‘A noite dos mortos vivintes’. O luns 31, poderedes celebrar a noite oficial do Samaín en varios locais tematizados, como é o caso do Lar das Artes, Sinatra Cóctel Bar, Transylvania Pub ou Molotov, que tamén terá actividades ao longo da fin de semana anterior.
Tampouco esquecemos as visitas ao cemiterio de Pereiró, que continúan os días 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9 de novembro.

Visita a nosa axenda de eventos para consultar máis información de cada un destes eventos.