VIALIA
bannerPicnicSesions

Festa do medo

29out18:00Festa do medoAS NOSAS FESTAS | De balde18:00(GMT+02:00) Centro Comercial Camelias

Detalles do eventos

O Grupo Zenryoku organiza, xunto co CC Camelias a Festa do medo, un evento temático de Halloween mesturado cun chisco de cultura xaponesa, o cal consiste en diversas actividades que van dirixida a todo público.

ACTIVIDADES

  • Pista Do Terror (Pasarela Cosplay): Listo para facer gritar de medo ao público? Sobe á tarima e demostra o teu disfrace máis tenebroso, aquel que faga tremer de susto ao noso xurado levase unha gratificante recompensa. Bases do concurso:
    • Concurso totalmente gratis.
    • Tanto para adultos como nenos.
    • Grupal ou solitario.
    • O mellor disfrace será elixido por un grupo de xuíces do C.C. Camelias. Tomarase en conta as seguintes calidades: confección, orixinalidade e performer.
    • Serán premiados os seguintes postos:
      • Primeiro Lugar: Premio de 150€ en vales, o cal poderá ser cambiado en calquera das tendas do Centro Comercial.
      • Segundo Lugar: Premio de 100€ en vales, o cal poderá ser cambiado en calquera das tendas do Centro Comercial.
  • Karaoke Libre: É hora de sacar a túa estrela que levas por dentro, colle o micrófono e segue o ritmo do noso Karaoke, aquí non existen os prexuízos, o primeiro é a diversión, xa sexas un cantante afeccionado ou non. Sobre a actividade:
    • Actividade totalmente gratis.
    • Tanto para adultos como nenos.
    • Permítese Dúo ou solitario.
    • O participante poderá elixir a súa canción favorita entre unha listaxe que terán dispoñible.
    • Na listaxe de cancións, terán xéneros tales como: J-Rock, J-Pop, K-Pop, Rock, Pop…
  • Mostra de Origami e Papercratf (Hallowen): Todos os asistentes poderán gozar dunha mostra/exposición do mesmo xeito que decoracións de Origami (papiroflexia) e Papercraft con temática de Hallowen, a cal estará elaborada por membros do Grupo Zenryoku – Vigo.
  • Cabaza Divertida: Para o goce do os máis peques e non tan peques, dispoñeremos de cabazas de plástico totalmente en branco, onde os participantes poderán darlle rendas soltas a toda a creatividade posible, ademais, cada cabaza virá incluída cunha lámpada led, para darlle un toque máis terrorífico ás túas noites máis escuras. Sobre a actividade:
    • Actividade totalmente gratis.
    • Tanto para adultos como nenos.
    • Variedade de materiais, totalmente gratis para a decoración máis orixinal e terrorífica.
  • Biscoito do medo: Listo para darlle vida a unha galleta de forma terroríficamente doce? Pois este é a túa oportunidade, todas as persoas que queiran sumarse poderán elixir a súa galleta máis terrorífica e darlle vida, grazas aos diversos materiais de decoración que teremos a disposición para todos. Esta actividade dividirase en dous grupos, sen glute e con glute. Sobre a actividade:
    • Actividade totalmente gratis.
    • Tanto para adultos como nenos.
    • Galletas previamente cociñadas.
    • Varios modelos de Galletas.
    • Dispoñibilidade de galletas e materiais para a decoración libre de Glute.
  • Just Dance (Nintendo Switch): Para os amantes e non tan amantes do Baile, nesta oportunidade poderás sacar a relucir os pasos prohibidos. Calquera está convidado a subir á tarima en parella ou solitario, unha oportunidade única de pasar un intre inesquecible. Sobre a actividade:
    • Actividade totalmente gratis.
    • Tanto para adultos como nenos.
    • Permitirase bailes grupais como solitarios.
    • O participante poderá elixir a súa canción libremente.
    • A consola para usar será unha Nintendo Switch.
    • Dispoñerase das versións de Just Dance 2020 e 2022 + o catálogo de cancións Unlimited.
  • Flashmob: Preparado para moverche ao ritmo da coreografía de Thriller ou This is Hallowen? Antes do peche do evento, todos poderán moverse ao ritmo da coreografía que marque o animador do evento, e onde concluirá cun marabilloso baile grupal.

Sábado 29 de 18:00 a 21:00

Máis

Hora

(Sábado) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Centro Comercial Camelias

Praza de América, 1, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events