Parabéns para ti…
O aniversario dos fillos é unha ocasión moi especial, pois nesta data querida procuramos moitas felicidades esperando que os pequerrechos lembren a xornada con cariño e emoción. Por tal motivo, hai veces en que buscar un lugar axeitado para a celebración non é unha tarefa doada. Se consultamos cun experto en educación sobre os mellores lugares para celebrar festas infantís, dirá que o mellor será un lugar para aprender xogando. Nesta ocasión, preguntámoslles aos pais cal é o mellor lugar para celebrar os aniversarios da cativada.
PARKMOM
Doutor Corbal, 15 e Afonso X o Sabio, 3 | 986 29 30 77 e 986 28 32 59 | parkmom.es | FB: Parkmom
Outro centro especializado e recomendado en festas infantís é Parkmom, que conta con dous locais na nosa cidade. Neste territorio hai posibilidades de diversión a mancheas: tobogáns, camas elásticas e piscinas de bólas…Ademais, aquí ofrécese a opción de celebrar aniversarios-obradoiro onde á única péga e decantarnos por cal escoller: reciclaxe, xardinería, pintura, plastilina, chocolate, estacionais… Cal escolles ti?
LA JUNGLA
Costa Faquiña, 18 (Mos) | 682 78 72 70 | lajunglamos.com | FB: La Jungla Mos | IG: @lajunglamos
Con características similares, temos La Jungla, no concello de Mos, onde os nosos expertos en aniversarios infantís, destacan a cafetería con zona parque de xogos para meniños de ata 3 anos de idade e xogos adaptados para a mobilidade reducida. A maiores das instalacións, con zona de jumping, pista deportiva e discoteca para a rapazada dos 3 aos 12 anos de idade.
TRASNOS
Barcelona, 80 | 698 15 32 07 | ocioinfantiltrasnos.com | FB: Trasnos Ocio Infantil | IG: trasnosocio
Seguimos o repaso cunhas expertas en animación: as tres responsables de Trasnos. Este equipo leva case dúas décadas creando sorrisos. Acolle cachafellos de entre os 3 e os 12 anos. Entre outros espazos, conta con canastra, miniteatro e zona creativa. Súmanse aos seus servizos as actividades e obradoiros de tarde, as animacións a domicilio ou o servizo conciliador para os máis madrugadores.
TATARINA
Camilo Veiga, 28 | 986 12 10 59 | tatarina.es | FB: Tatarina. Ocio y eventos infantiles | IG: @tatarina.ocioinfantil
Non podía quedar fóra desta selección de favoritos o centro Tatarina que está, nas palabras dos seus responsables, pensado para os nenos. Neste espazo, as celebracións son sempre temáticas: piratas á procura do tesouro que hai por descubrir, princesas guerreiras, superheroes en acción ou os hawaianos máis festeiros. O local decórase de acordo coa temática escollida e os pequenos protagonistas son maquillados e disfrazados ao xeito. Para idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, tamén se dispón de servizo a domicilio.
Algo que une todos estes locais é que abranguen opcións para todos os gustos e petos. O aniversario non só significa ter un ano máis, senón celebrar o día no que os nosos cativos chegaron a este mundo para nos cambiar a vida. Por moitos anos!
Lourdes Tomé
Redactora
Últimos posts de Lourdes Tomé (ver todos)
- Mobility Kids: a mobilidade como centro da saúde - 10 Xullo, 2023
- Kids&Us, inglés desde o primeiro - 22 Xuño, 2023
- Un verán no xardín - 5 Xuño, 2023
- Nubes Blancas, actividades estivais adaptadas aos máis pequenos - 24 Maio, 2023
- La Fábrica Fotografía: comungando cos recordos - 14 Abril, 2023