REVISTA FEBREIRO

'MENTALMORBOSE'

15feb19:30'MENTALMORBOSE'ESPECTÁCULOS | De balde19:30(GMT+01:00) Auditorio da OMD Teis

Detalles do eventos

O sábado 15 de febreiro, ás 19:30 h, o Auditorio da Oficina Municipal de Distrito de Teis (Vigo), acollerá a representación da obra Mentalmorbose, unha produción de Noitebras Teatro.

Sinopse de Mentalmorbose
Un dramaturgo con ínfulas existencialistas tratará de convencer a unha das súas exparellas para que o axude coa publicación dunha obra teatral. Ela non parece estar interesada, pero demostra saber moito máis sobre a trama do que el pensa. O protagonista desa traxicomedia, Viktor Krikrič, sempre acompañado da súa particular Dulcinea, está experimentando estraños cambios na súa relación coas mulleres que o rodean. Isto vai levalo a querer saber quen é el e que quere realmente.

Noitebras Teatro
Os integrantes de Noitebras Teatro inician a súa traxectoria teatral en escolas de formación dramática da cidade de Vigo e comarcas veciñas. Sendo alumnos da Escola Municipal de Teatro de Vigo durante catro anos, deciden montar o seu propio grupo Noitebras Teatro, co que xa levan representadas diversas obras; Busco Muller, 2022; Noitebras, 2022 e Amordiscos, 2023. En 2024 escriben e montan a súa máis recente produción teatral Mentalmorbose, cunha duración de 75 minutos e recomendada para maiores de 15 anos.

Máis

Hora

15 febreiro, 2025 19:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio da OMD Teis

Rúa Maceiras, S/N, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events