Os festivais galegos van collendo forma de cara ao verán
Aínda que este tampouco será un verán normal, si que poderemos desfrutar da música en directo en diferentes festivais ao longo e ancho do país. Aquí vos recompilamos algúns deles, para que vaiades anotando as datas na axenda. Permaneceremos atentos tamén a futuras confirmacións de festivais da contorna, como o Vigo SeaFest, Morrasound (2 e 3 xullo), Rock in Río Tea, Sinsal, Armadiña Rock, Revenidas (10, 11, 12 e 13 setembro) ou Surfing the Lérez. Tamén á posibilidade de que este verán se celebren “concertos de ata 10.000 persoas sentadas e sen interacción social”, tal e como adiantou o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo en rolda de prensa a principios de mes. Neste aspecto habería que ver se finalmente o Son do Camiño (17, 18 e 19 xuño) pode celebrarse nunha versión máis reducida, xa que, a diferenza do PortAmérica, aínda non anunciou a súa cancelación.
FESTIVAL TERRACEO (de maio a setembro, Vigo)
O sustituto de Castrelos nestes dous veráns pandémico está a ser o TerraCeo, por onde están a pasar numerosos artistas de todo o Estado e mesmo algún internacional, por exemplo Jorge Drexler ou Ariel Rott. A pesar de que o ano pasado semella que todo foi moi ben para a organización, esta fin de semana o músico ferrolán Andrés Suárez viuse obrigado a cancelar un dos seus concertos por exceso de aforo e ausencia de distancia de seguridade. O artista galego cargou duramente en redes contra a “pésima organización que non cumple coas medidas de seguridade”. Veremos de que maneira afecta este contratempo a un festival, lembremos, financiado con cartos públicos.
THE WILDFEST (4 e 5 de setembro, San Miguel de Oia)
Un dos poucos festivais que se celebraron o pasado verán foi The Wild Fest, un evento que contou con concertos, gastronomía, proxeccións e actividades infantís. Este ano celebrarán a súa 3ª edidicón os días 4 e 5 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia, que tamén contará cunha proba deportiva. O evento buscará destacar como o festival multidisciplinar e medioambiental de referencia na comarca de Vigo, polo que seguirá apostando polos valores cos que naceu: achegar a toda a cidadanía actividades lúdicas, deportivas e de concienciación para converterse nun espazo integrador cun nexo de unión común: facer visible a importancia de respectar e coidar o medio ambiente.
O MARISQUIÑO (do 6 ao 8 de agosto, Vigo)
Despois do culebrón vivido en febreiro e marzo deste ano, un dos festivais máis multitudinarios de Galicia confirmou que ficaba en Vigo e que se celebraría do 6 ao 8 de agosto na súa localización habitual. A finais de marzo a organización tamén anunciou que esta edición non contaría con programación nocturna, polo que quedaban descartados os concertos e as sesións DJ, restrinxindo toda a actividade do recinto ao horario de 11:00 a 22:00. Haberá que ver como está a situación sanitaria no mes de agosto e se o fin do estado de alarma fai cambiar de opinión á empresa organizadora.
BARBEIRA SEASON FEST (28 e 29 de agosto, Baiona)
O Barbeira Season Fest celebra a súa terceira edición os días 28 e 29 de agosto na contorna da praia Barbeira, en Baiona. A última sorpresa é a presenza dos murcianos Viva Suecia, unha das bandas máis representativas do indie a nivel nacional, que se unen a un cartel que xa conta con grupos como Ladilla Rusa, Confeti de odio, Basanta, Marcelo Criminal, Los Marcianos ou Mujeres. A falta de anunciar a última banda da programación, os abonos do festival xa están á venda.
VIVE NIGRÁN (Do 15 ao 17 de xullo, Nigrán)
O festival celebra a súa 5ª edición coa volta ao recinto no que naceu en 2017, o campo de fútbol de Monte Lourido. No seu escenario citaranse Natalia Lacunza, Locoplaya, Verto e Sidecars. A última adición ao cartel do Viva Nigrán 2021 é a do grupo feminino do momento, Ginebras. As entradas xa están dispoñibles, cun prezo inicial de 25€ a través da web de Vive Nigrán e de Ataquilla.
SONRÍAS BAIXAS (Do 3 ao 8 de agosto, Bueu)
Para esta edición o festival de Bueu decidiu duplicar a duración do evento de tres a seis días e converter o festival nun ciclo de concertos. Entre o 3 e o 8 de agosto poderemos gozar no SonRías Baixas da música de Kase.O, Sés, La M.O.D.A., La Pegatina, Travis Birds, Muerdo, TéCanela, Sabela, ISEO & Dodosound, Ciudad Jara, Tu Otra Bonita e SonDaRúa. Ás entradas saen á venda o luns 24 de maio a través da web do festival www.sonriasbaixas.info, e da plataforma dixital www.enterticket.es.
ATLANTIC FEST (Do 12 ao 24 de xullo, Vilagarcía de Arousa)
Atlantic Fest 2021 terá lugar do 12 ao 24 de xullo en Vilagarcía de Arousa. Terá diferentes escenarios repartidos pola cidade, convertendo ao corazón das Rías Baixas nun gran espazo, que acollerá a programación completa do festival durante trece días con 18 bandas, por exemplo Zahara, Leon Benavente, Sidonie, Lori Meyers, Ortiga, Annie B Sweet ou Rufus T Firefly.
17º RIBEIRA SACRA FESTIVAL (Do 16 ao 18 de xullo, Ribeira Sacra)
17° Ribeira Sacra Festival é unha experiencia no corazón da Ribeira Sacra. Un festival de música, natureza, veu e gastronomía situado nun territorio candidato a Patrimonio da Humanidade.Terá lugar en diferentes e fermosos espazos da Ribeira Sacra entre o 16 e 18 de xullo. Algúns dos artistas que actuarán serán Teenage Fanclub, Depredro, Budiño & Novoa, The Excitements ou Ian Kay.