VIALIA
CAMELIAS NADAL

O TerraCeo mantén o concerto de Andrés Suárez desta tarde

Debido a chuvia o concerto celebrarase no interior do Auditorio e desde a organización aseguran que se aumentarán as medidas de seguridade para que non se repitan os incidentes do concerto de onte venres, que finalmente foi suspendido por decisión do propio cantante.

Andrés Suárez durante a súa actuación no Festival TerraCeo o ano pasado. | P.Cermeño

Onte venres, a chuvia obrigaba a mover o concerto de Andrés Suárez ao interior do Auditorio Mar de Vigo. Ante algúns incidentes que puñan en risco a seguridade dos asistentes e a presencia policial, o cantante decidiu saír ao escenario e cancelar o concerto porque “non se estaban cumprindo as medidas de seguridade” máis tarde engadiu nun comunicado a través das súas redes sociais que “levamos pasado moito para demostrar que a cultura é segura, Por vos, por min e por todos os meus compañeiros”.O concerto quedaba automáticamente cancelado ante o descontento dos asistentes coa organización do festival, que enseguida trasmitiu que as entradas serían abonadas de volta.

Ante a incertidume do que acontencería esta noite cando estaba previsto que Andrés Suárez dese un segundo concerto na terraza do Mar de Vigo, os organizadores acaban de comunicar que o concerto desta tarde celebrarase e terá lugar no interior do auditorio. Desde a orgzanización sinalan que “desenvolveranse plans para evitar que se repita o sucedido.” e engaden que “Para esta tarde está previsto reforzar as medidas de seguridade para evitar que se produzan incidentes similares e a actuación poida desenvolverse coa normalidade habitual.” E finalizan o comunicado sinalando que “na primeira edición do festival celebráronse 38 concertos, aos que asistiron un total de 15.000 persoas que valoraron de forma moi especial o evento pola súa seguridade”.