CAMELIAS MASCOTAS

Ojos by Tania, creadoras de miradas especiais

O estudo e perfeccionamento da mirada é a paixón e profesión de Tania Pereira, viguesa con titulación en estética que decidiu centrar os seus servizos no coidado das cellas e pestanas para crear miradas espectaculares. Se, como din, os ollos son o espello da alma, que menos que levalos ben peiteados.

Tania no seu centro da rúa Zaragoza | Foto: Paula Cermeño

Aínda que hoxe estamos acostumados a ver negocios especializados en diferentes servizos de estética, hai dez anos o concepto que presenta Ojos by Tania era inexistente e totalmente innovador. Esta viguesa tivo a idea de formar un equipo de profesionais cos que crear unha rede de centros especializados en sacar o máximo partido á mirada dos seus clientes. Hoxe, aquel soño é unha realidade e Ojos by Tania ten centros en tres zonas de Vigo: Independencia, Navia e Centro. A cultura da cella que defende este negocio é agora respaldada por milleiros de miradas intensas das xentes de Vigo e arredores, que confían nos servizos deste cualificado equipo.

“A idea xurdiu mentres vivía e traballaba en Londres hai máis de dez anos, onde xa existían este tipo de negocios”, explica esta profesional en estética. Na capital británica, Tania descubriu e se apaixonou pola depilación con fío, especialidade que utilizan en Ojos para todos os servizos de depilación facial. Coa experiencia adquirida, esta emprendedora viguesa desenvolveu unha metodoloxía propia, capaz de superar as estritas medidas de seguridade impostas pola pandemia. Trátase dun método que emprega un fío de algodón enrolado sobre si mesmo, que co movemento da profesional e a torsión do propio fío substitúe ás tradicionais pinzas ou cera. Os beneficios son múltiples: é un método preciso e rápido, os pelos saen sempre desde a raíz, aplícase en todo tipo de pelos e non se aplica calor polo que é eficaz e amable coa pel. Ademais, se lle damos continuidade no tempo os pelos acabarán saíndo máis finos.

REVISTA NOVEMBRO

En Ojos destacan pola alta especialización das profesionais que nos atenden e pola personalización do servizo, deseñando cada mirada de forma individual para que sexa o máis favorecedora e natural posible. As técnicas para alcanzalo poden ser variadas, desde depilación, ata os coñecidos liftings, que fixan os pelos cara arriba, dando unha sensación de mirada ampla e aberta. Estes tratamentos aplícaos tanto en cellas como en pestanas e serven para intensificar a nosa mirada.

Tania advirte que o resultado pode levar tempo en chegar. “Deixar crecer as cellas é o camiño para velas máis bonitas e naturais e pódense tardar meses ou incluso anos en recuperar pelos que se levan anos arrincando”, comenta, e engade entre risas que a estética de cellas moi finas dos anos 90 e 2000 fixo estragos na mirada de moitas mulleres que agora buscan telas máis poboadas. “Son modas e, por sorte, temos solucións”, resume a profesional, que engade que o ideal “é tratar as cellas de forma profesional desde o comezo. Pero non hai unha idade para iniciarse, senón cando a cada moza lle comece a incomodar o vello”.

Rúa Velázquez Moreno,17 1 andar | Rúa Zaragoza, 57 | Rúa das Teixugueiras, 11
ojosbytania.com
@ojosbytania

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.