REVISTA ABRIL

Garden, a proposta matutina das creadoras de La Consentida

Coincidindo co 4º aniversario de La Consentida (rúa Real, 10) Ángeles e Mónica, xerentes do local, inauguran este luns Garden (Praza Compostela, 29). Con esta nova proposta as dúas socias queren expandirse ao ámbito diúrno e conquistarnos a todos coa ampla selección de almorzos e brunch que ofertarán. Garden tamén recuperará a sesión vermuth e pola tarde noite ofrecerán viños, cañas e tapas.

A inauguración terá lugar este luns día 16 a partir das 20:00. Para poder acudir é preciso pasarse esta fin de semana pola Consentida a recoller unha pulseiriña que actuará a modo de invitación. Todos os asistentes á inauguración poderán gozar dunha caña, un pincho e a música en directo dun dúo de saxo e voz. Tamén estará animando a celebración o DJ Edu Romero.

Emprazado en pleno xardín de Vigo, Garden non podía recibir outro nome. Ángeles e Mónica, que ademais comparten paixón pola xardinería, están seguras de que a terraza será un dos grandes reclamos do local.