REVISTA ABRIL
Vista do Peirao do Náutico nunha edición pasada

Servizos especiais de transporte para chegar a O Marisquiño

Reforzos por terra e por mar para acudir a O Marisquiño. A celebración do gran evento de cultura urbana encherá de xente a zona do Náutico. Para facilitar o movemento de persoas Vitrasa e Mar de Ons reforzan os seus servizos durante a celebración do festival.

Vista do Peirao do Náutico nunha edición pasada

Vista do Peirao do Náutico nunha edición pasada | @omarisquinho

Vitrasa aumentará os servizos da liña C1 (Plaza de América-Policarpo Sanz) e prolongará os servizos nocturnos das liñas N1 (Avda. Europa/Samil-Buenos Aires), N2 (Teixugueiras-Buenos Aires) e Especial (Samil/Navia-Rotonda de Miragaia). Desta maneira os asistentes ao festival contarán cun maior número de frecuencias, diurnas e nocturnas para achegarse ou abandoar o recinto de O Marisquiño.

Pola súa banda, a naviera Mar de Ons, que realiza o traxecto marítimo entre Vigo e Cangas, incrementará os seus servizos os días 11 e 12 de agosto. A novidade principal é que os usuarios poderán dispor dunha viaxe cada media hora, a partir das 16:00 desde Cangas e desde as 16:30 desde Vigo, en lugar de cada hora como é habitual.

A compañía recorda que no estará dispoñible a venda anticipada de billetes nin a modalidade de ida e volta. Polo que ata que o barco anterior zarpe, non se venderán tickets do seguinte e só se poderán usar para esa viaxe. Para evitar contratempos, os pasaxeiros deberán estar a pé de barco 10 minutos antes do horario de saída e co seu billete adquirido nas taquillas das estacións marítimas.

Estes serán os horarios das viaxes entre Cangas e Vigo para o 11 y 12 de agosto:

Cangas → Vigo (sábado 11)

REVISTA ABRIL
  • De 07:00 a 16:00, cada hora.
  • 16:00 a 22:00, cada media hora.

Vigo → Cangas (sábado 11)

  • De 07:30 a 16:30, cada hora.
  • 16:30 a 22:30, cada media hora.

Cangas → Vigo (domingo 12)

  • De 08:00 a 16:00, cada hora.
  • De 16:00 a 22:00, cada media hora.

Vigo → Cangas (domingo 12)

  • De 07:30 a 16:30, cada hora.
  • De 16:30 a 22:30, cada media hora.