CAMELIAS MASCOTAS

O novo receitario de Pereira recolle o legado de Álvaro Cunqueiro

Pereira Productos del Mar presenta o seu novo receitario con 12 receitas, unha para cada día do ano, inspiradas en Álvaro Cunqueiro e reformuladas polas xóvenes promesas da cociña Ana Vilar e Lluis da Riva. Pódese conseguir con calquera compra de produtos do mar nas súas tendas e consultar online.

Pereira Productos del Mar acaba de lanzar un ano máis o receitario Cociña de “Abordo”, que na súa 18ª edición rende tributo a unha destacada figura da literatura moi ligada á gastronomía: Álvaro Cunqueiro. O receitario leva por título A cociña do mar de Álvaro Cunqueiro, e nel a compañía rende tributo a un dos libros que están considerados referencia bibliográfica sobre as bases da tradición da cociña en Galicia: Cocina Gallega, publicado en 1973 e escrito por Cunqueiro xunto a Araceli Filgueira.

A botadura do receitario, que ten formato de calendario, tivo lugar no instuto vigués Álvaro Cunqueiro, fronte a un centenar de estudantes do centro que participaron como presentadoras, entrevistadora e mesmo interpretaron o Quen poidera namorarla en formato coro con frauta traveseira e piano. Tamén se atreveron a sinalar a lingua galega como a gran ausente no receitario e, pediron con humor aos responsables unha versión neste idioma.

O acto de presentación tamén contou coa presenza de César Cunqueiro, fillo do escritor, quen agradeceu a Pereira Produtos do Mar a homenaxe á figura do seu pai no medio dun emotivo discurso sobre a tradición culinaria, a infancia e a identidade. Tamén deixou claro que o seu pai foi o teórico de Cocina Gallega, pero non o autor das receitas. “El falou moitísimo de comida, pero nunca escribiu unha receita”, puntualizou. Este traballo de campo foi labor da bibliotecaria e divulgadora gastronómica Araceli Filgueira, a quen puidemos escoitar de forma telemática. Filgueira foi a encargada de “encher cuartillas coas receitas das súas amigas”, dando lugar a unha enciclopedia dos saberes culinarios máis tradicionais. Filgueira foi galardoada co Premio Picado da Cultura en 2019.

REVISTA NOVEMBRO

Para La cocina del mar, contouse con dous xóvenes cociñeiros que adaptaron as receitas aos ingredientes e técnicas da cociña actual e engadindo un elementos que as fan máis atractivas para poñer na mesa de Nadal. Por unha banda, a cociñeira viguesa Ana Vilar, da Cervexaría Leria, gañadora da última edición do certame de tapas Petisquiño e candidata a Mellor cociñeira de Tapas de Galicia; e por outro, Lluis da Riva, finalista da 11ª edición do concurso televisivo MasterChef España. ambos cociñeiros elaboraron en directo dúas das receitas dos calendarios que foron ofrecidas ao alumnado.

O resultado son 12 receitas, unha para cada mes do ano, nas que a vieira, o polbo, o mexillón, a lura, o choco e o bacallau son os produtos estrela desta edición. O receitario preséntase, como vén sendo habitual, durante as datas do Nadal e convértese no detalle co que Pereira Produtos do Mar obsequia aos seus clientes. A empresa produciu 2.000 exemplares e tamén se pode descargar gratuitamente na páxina web da compañía.

12 receitas para 12 meses
 XANEIRO – Bacallau con salsa verde – Ana Vilar
 FEBREIRO – Luras recheas – Lluis da Riva
 MARZO – Mexillóns en escabeche estilo Picado – Ana Vilar
 ABRIL – Polbo estilo Illa – Lluis da Riva
 MAYO – Empanada de chocos – Ana Vilar
 XUÑO – Vieiras con xamón – Lluis da Riva
 JULIO – Ensalada de pataca e mexillóns – Ana Vilar
 AGOSTO – Polbo ao allo – Lluis da Riva
 SETEMBRO – Choquiños fritos – Ana Vilar
 OUTUBRO – Luras na súa tinta – Lluis da Riva
 NOVEMBRO – Bacallau con allada – Ana Vilar
 DECEMBRO – Vieiras ao albariño – Lluis da Riva

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.