CAMELIAS MASCOTAS

O Festival Latitudes presenta o cartel por días

Iggy Pop, The Vaccines, Two Door Cinema Club, Mando Diao e moitos máis estrearán o primeiro festival Latitudes que terá lugar os días 19 e 20 de agosto no Peirao de Transatlánticos de Vigo. Os abonos xa están á venda na web do festival e as entradas diarias sairán o xoves 14 ás 12h.

Iggy Pop | Foto: Simone Joyner/Getty Images

Este verán trae consigo o regreso dun gran festival á cidade de Vigo: Latitudes, un evento que celebrou a súa última edición en Compostela no 2016 e que este ano se instalará no Peirao de Transatlánticos de Vigo durante os días 19 e 20 de agosto.

REVISTA NOVEMBRO

Latitudes arriba en Vigo cun cartel que inclúe grande nomes da música rock do panorama internacional. Empezando polos irlandeses Two Door Cinema Club, sen esquecernos de bailar co suecos Mando Diao ou a banda británica The Vaccines, para chegar á lenda estadounidense do Rock Iggy Pop. O cartel complétano, a falta de máis incorporacións, bandas galegas como Aphonnic, que tocarán o seu metal alternativo; os pontevedreses Furious Monkey House; o trío de blues cósmico Zålomon Grass e o dúo grunge galego Bala.

Hoxe coñecimos o cartel por días e a orde de actuación das bandas:

Os abonos para os dous días de festival xa están á venda en Ataquilla, os cales saíron con catro tramos de prezos diferentes, esgotando en poucas horas os tres primeiros. As entradas por días sairán á venda o xoves 14 de xullo ás 12:00h na mesma plataforma e cun prezo de 30€ máis gastos de xestión.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.