CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Río Verbena suma novos artistas e anuncia o cartel por días

A terceira edición do Río Verbena Fest celébrase os días 23 e 24 de agosto á beira do Río Lérez e contará con Amaral, Viva Suecia, Lori Meyers e Los Zigarros como cabezas de cartel. Os abonos están á venda na web do festival.

A explanada do recinto feiral de Pontevedra acollerá os días 23 e 24 de agosto unha nova edición do festival Río Verbena, unha cita musical cun cartel dominado polos sons indie e pop e con nomes o suficientemente potentes como para agradar ao gran público. Alcalá Norte, Michenlo, Galician Army, Mamasunción e Son das Tabernas acaban de subirse ao seu cartel.

O festival acaba de publicar o seu cartel por días e continúa a incorporar grandes nomes ás súas filas. O venres 23 de agosto os asistentes poderán desfrutar da música de Viva Suecia e doutro cabeza de cartel aínda por confirmar. A banda murciana Viva Suecia estará celebrando o seu décimo aniversario en Pontevedra, gañadores dun Disco de ouro grazas ó seu último álbum El amor de la clase que sea, esta banda murciana regalaranos unha sobredose de pura enerxía indie-rock.

O cartel da xornada do venres complétao o cóctel musical de folk, pop e elctrónica dos vallisoletanos Siloé; e as coñecidas composicións do ex-vocalista de Duncan Dhu, Mikel Erentxun. Tamén estarán Vicco, Michenlo, Four Passengers e Son das Tabernas.

Na xornada do sábado atopamos a Amaral e Lori Meyers na primeira liña do cartel. Os compositores de “Moriría por vos” levan décadas sendo un referente do pop-rock noso país facendo cantar a persoas de a todas as xeracións. Por outra banda, os granadinos Lori Meyers son unha das bandas máis internacionais, hegando mesmo a compoñer para a banda sonora de Los Juegos del Hambre: En Llamas.

O toque máis roqueiro do cartel correrá a cargo de Los Zigarros, a banda madrileña que compartiu cartel con AC/CD e os Rolling Stone. Tamén o sábado actuará Baiuca, Alcalá Norte, Nebulossa, Galician Army, Sarria, Black Stones e Mamasunción.

As entradas están á venda na web do festival, rioverbena.com. Aínda están dispoñibles os abonos a prezo de lanzamento de 59,00 € os dous días e as entradas diarias teñen un prezo de 30,00 € por xornada, en ambos casos hai que engadir os correspondentes gastos de xestión

SONRIAS
The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.