REVISTA ABRIL

O corpo fala

A estimulación acuática ten cada vez máis adeptos. No corazón da cidade temos a sorte de contar con Espacio Piel con Piel, un centro que acaba de incluír na súa oferta esta práctica tan beneficiosa. Posto en marcha no 2019 por Lorena Fernández e Iria Otero, as portas deste espazo volven abrir despois dun peche provocado pola pandemia. Naceu como un lugar de encontro entre meniños, familias e profesionais onde poder compartir a aventura da crianza e, asemade, desfrutar e acompañar este proceso de aprendizaxe e socialización desde unha perspectiva consciente.

As dúas emprendedoras contan que tiveron que pospoñer a creación dun espazo para neonatos, e esta é a parte que agora retoman coas bañeiras de hidromasaxe para bebés. Esta nova actividade, pensada para os máis pequenos dos pequerrechos, da caída do cordón umbilical aos doce mesiños, desenvólvese nun ambiente que combina o traballo psicomotor na auga co agarimo da mamá ou do papá. «Así acadamos unha experiencia sensorial única para o meniño e a oportunidade de vivir un momento máxico como familia, reforzando os vencellos e tecendo lembranzas», sinalan. Ademais de contribuír ao desenvolvemento do bebé, a través dunha masaxe foméntanse a relaxación, o sono e o apetito, tan importantes nos primeiros meses de vida. As sesións teñen una duración máxima dunha hora, na que entre un cuarto e un terzo do tempo se desenvolve na auga, seguindo o ritmo que marque o meniño; deseguido ten lugar a masaxe, na que se potencia o vínculo bebé-proxenitor a través dun tacto nutritivo. Neste tempo podemos aprender a reparar en detalles pequenos, información ou curiosidades que no día a día poden ser pasados por alto.

Aquí trabállase mediante cita previa. Ao reservar praza, cómpre non esquecer preguntar polos bonos que dispoñen para desfrutar aínda máis desta aventura da crianza.

Nicaragua, 5 (Space Natur)
604 06 29 82
espaciopielconpiel@gmail.com

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.