CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

O Centro Comercial Travesía acolle as fotografías da viguesa Alejandra Rodríguez para promover a adopción de animais

‘Su #nuevaTravesía’ é o nome da exposición que acaba de inaugurar o Centro Comercial Travesía coas fotografías da viguesa Alejandra Rodríguez de Skolldog. A intención é promover a adopción de cans e gatos e visibilizar a labor das seis protectoras que participan.

O Centro Comercial Travesía pon en marcha unha campaña de adopción xunto a seis protectoras da provincia de Pontevedra: Protectora de Vigo, Proyecto Gato Vigo, Difusión Felina Pontevedra, Os Biosbardos (Ponteareas), A Canceira de Poio e Bai Sen Pulgas (Baiona). O obxectivo desta campaña é visibilizar a labor destas protectoras e dos seus voluntarios, así como enviar unha mensaxe de sensibilización e responsabilidade. Baixo o título de ‘Su #nuevatravesía’, a campaña organízase arredor de dúas accións distintas: unha exposición fotográfica solidaria e a doazón de pienso.

CAMELIAS NADAL

A fotógrafa viguesa Alejandra Rodríguez de @Skolldog inunda o Centro Comercial Travesía coas imaxes de 18 animais, cans e gatos, rescatados polas protectoras e en necesidade urxente de adopción. A exposición pode visitarse desde o 7 de maio ás 12.00, recuperándose así a Galería Travesía, un espazo aberto ás emocións e que durante todo o ano conta con actividades de carácter social, cultural e lúdico.

Por outra banda, o Carrefour Travesías únese ao Centro Comercial e, por cada persoa que realice un rexistro online neste enlace, doarán 1kg de pienso para as protectoras. Polo que, ademais de acadar o maior número de adopcións posible, tamén aspiran a doar a maior cantidade de pienso a repatir entre as seis protectoras.

A exposición conta cun acceso interactivo. Cada imaxe está acompañada dun código QR, a través do que acceder á historia do animal e ao contacto da protectora, promovendo e facilitando as adopcións. Ademais da Galería Travesía, as imaxes acompañan aos usuarios do Centro Comercial Travesías en todas as súas plantas.