COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Carlos Sadness, El Kanka e Juancho Marqués entre os primeiros confirmados do TerraCeo

O Auditorio Mar de Vigo volve a acoller o Festival TerraCeo a partir de maio. Entre os dezaseis artistas confirmados atopamos a Carlos Sadness, Nach ou Os Resentidos, que presentan o seu álbum ‘Organización Nautilus’. As entradas xa están dispoñibles na nova plataforma Teuticket.com .

Carlos Sadness en TerraCeo 2020 | Pablo Vázquez

A segunda edición do Festival TerraCeo inaugúrase o próximo 1 de maio ao ritmo de Taburete. Despois desa cita co grupo madrileño, están xa confirmados quince concertos máis nas primeiras semanas do festival. Entre maio e a primeira semana de xullo porán música ao serán Carlos Sadness, Andrés Suárez, Baiuca, Os Resentidos, Kevin Johansen, Pol Granch, Annie B. Sweet, Juancho Marqués, The Soul Jacket, Kutxi Romero y Los Motores, La Habitación Roja, Sr. Chinarro, La Bien Querida, El Kanka ou Nach. A programación do festival non só presenta unha gran variedade de xéneros para os diferentes públicos; senón que tamén supón un espazo para a difusión da música viguesa. Converténdose no evento de lanzamento dos novos álbums de Os Resentidos, ‘Organización Nautilus’, o primeiro de estudo desde 1993, e The Soul Jacket, ‘Let me stand’. Novas confirmacións engrosarán esa listaxe nos próximos días.

Os concertos celebraranse na terraza do Auditorio Mar de Vigo ás 20.00h, coincidindo co solpor sobre a Ría de Vigo. O dispositivo de prevención da COVID-19 usado na edición pasada manterase nos concertos deste ano. Ademais, ante adversidades climatolóxicas contémplase a súa realización no interior do auditorio, coas garantías sanitarias precisas.

As entradas para a maioría dos concertos están xa dispoñibles en teuticket. Esta plataforma inaugúrase como unha nova taquilla en liña propia. O seu obxectivo é mellorar o servizo aos clientes, evitando problemas para a adquisición das entradas; así como aportar unha nova solución para grandes festivais fóra do Auditorio Mar de Vigo. Os prezos van desde os 12€ ata os 35€, dependendo dos concertos.

A continuación, a programación completa:

  • 01/05 Taburete
  • 08/05 Carlos Sadness
  • 15/05 Andrés Suárez
  • 21/05 Baiuca
  • 22/05 Os Resentidos
  • 23/05 Kevin Johansen
  • 29/05 Pol Granch
  • 04/06 Annie B.Sweet
  • 05/06 Juancho Marqués
  • 11/06 The Soul Jacket
  • 12/06 Kutxi Romero e Los Motores
  • 18/06 La Habitación Roja
  • 19/06 Sr.Chinarro
  • 25/06 La Bien Querida
  • 26/06 El Kanka
  • 09/07 Nach
SONRIAS