vigo turistico
REVISTA ABRIL

Nubes Blancas: o templo das nubes

Nubes Blancas é o novo proxecto de Silvia e Miriam, ás que moitos coñeceredes porque antes estaban na Flauta Mágica. Neste novo proxecto ofrecen ás familias diferentes actividades de estimulación infantil e prenatal.

Son moitos os proxenitores vigueses que lembran con nostalxia o centro La Flauta Mágica, que fomentou un clima moi enriquecedor formando unha tribo. Desafortunadamente, pechou as portas por mor da pandemia. Agora, pasados xa dous anos, Silvia e Miriam, con gran parte do equipo anterior, preséntannos un proxecto novo: Nubes Blancas, un centro de estimulación infantil e prenatal que nace da necesidade de seguir ofrecéndolles ás familias diferentes actividades para desfrutar cos pequerrechos, e que ademais cubre etapas como o embarazo e o posparto. Sesións atendidas por profesionais con mais de 15 anos de experiencia  e formación a prol da cativada.

 Este espazo conta con instalacións totalmente renovadas e cunha piscina duns 40 metros cadrados, deseñada e pensada especialmente para a primeira infancia e para embarazadas, tratada con sal e cunha temperatura adecuada a partir dos catro meses de vida. Actividades acuáticas, actividades físicas durante o embarazo e o posparto, educación motriz e sensorial, educación musical, iniciación ao piano, inglés, masaxe para bebés, matemáticas manipulativas ou preparación para a maternidade son algunhas das actividades que forman parte da oferta deste pequeno templo en pleno centro da cidade.

Banner A Movidiña

A matrícula para o próximo curso xa está aberta e o formulario para inscribirse está dispoñible na web. Podemos solicitar mais información por telefono ou correo electrónico. Para chegar ás nubes.

Rúa do Uruguai, 12 | nubesblancas.es | info@nubesblancas.es | 604 03 88 38 | @nubesblancasvigo

Lourdes Tomé
Redactora

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.