UVIGO
FILLOAS

Mundo Sonoro, matriz musical

Cando falamos de desenvolvemento na infancia, podemos diferenciar unha etapa que se coñece como período sensible, que abrangue desde os 18 meses ata os 6 anos de idade, tempo en que a capacidade de absorción de información é maior. «Son como esponxas», dicimos. Outra frase que escoitamos acotío é a de «educar o oído». E isto a que se refire? Pois aos beneficios e ás vantaxes que nos achegan os sons e mais as notas.

Na escola Mundo Sonoro tense moi en conta todo isto, considerando a música como a mellor ferramenta para aprender. De feito, se o pensamos ben, utilízanse melodías pegadizas para calquera tipo de aprendizaxe: recordemos todas as cancións das clases de inglés ou as entoacións para aprender a táboa de multiplicar. Son múltiples os beneficios que esta rama da arte nos achega. O desenvolvemento da creatividade e a imaxinación e mais a mellora na capacidade de memoria e concentración reforzan a confianza… Mesmo mellora o estado de ánimo e a saúde. Hai estudos que confirman o efecto positivo que ten a música xa desde o embarazo. Conclúese que dentro do ventre materno os meniños son capaces de relaxarse ou alterarse dependendo se a melodía é mais suave ou mais forte. Disque que desde os tres mesisños de vida os neonatos poden identificar as melodías que escoitaron.

En Mundo Sonoro, emprazado na parroquia de Navia, os sons e o movemento son primordiais para  un crecemento apropiado e considérase a etapa escolar como o mellor momento para iniciarse, xa que é cando os cativos se encontran mais estimulados para aprender conceptos, pois aínda están por desenvolver todo o o potencial que teñen e son máis dúctiles á hora de aprender. O período de matriculación en Mundo Sonoro está aberto, ofrecendo unha clase gratuíta quen queira probar. A música é unha aliada da crainza.

Enderezo: Teixugueiras, 19 Navia
Teléfono: 886 13 60 63
Enderezo electrónico: mundoson@gmail.com

Facebook: MUNDO Sonoro, Escuela de música
Instagram: @mundosonoro

CAMELIAS NADAL
The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.