VIALIA
CAMELIAS NADAL

Montessori no balcón

Hai uns días tiven o pracer de coñecer a única escola Montessori oficial de Vigo que cobre todas as etapas educativas, dos 0 ós 16 anos. Unha escola onde realmente o modelo de aprendizaxe está baseado na pedagoxía da educadora italiana María Montessori e non utilizan este apelido como un reclamo, perdendo o sentido do que a metodoloxía significa.

Situada en Matamá, Eleven School, brinda aos rapaces e familias un espazo de aprendizaxe respectuosa co neno, as familias, os materiáis, o entorno… e onde as educadoras, con formación plena, guían os cativos, imparten os contidos curriculares, observan, avalían e están ao servizo do alumno cando o necesita.

Matamá, o balcón de Vigo, ofrece unha contorna inmellorable para este centro que namora nada máis ver a entrada, onde se aparcan as botas e as zapatillas e se penduran os abrigos. De aquí pasamos a un conxunto de aulas espazosas, con moita luz e cun feixe de materiais colocados á altura da cativada. A autonomía é primordial e trabállase para que o neno sexa autónomo e non dependa do adulto.

Nas aulas Montessori, as educadoras pasan a chamarse guías porque o seu obxetivo máis importante é precisamente ese, o de guíar e ensinar a cada nena de maneira individual tendo en conta as súas necesidades e capacidades. Estes guías potencian o desenvolvemento persoal, a autodisciplina e mesmo as relación sociáis. Ademáis son os encargados de crear un ambiente seguro onde os nenos se sintan respetados e cómodos para expresarse e traballar libremente. Sen forzar os ritmos de aprendizaxe.

En Eleven School non teñen cabida os castigos, os deberes ou os exames. Neste tipo de ensinanza, os deberes xa se fan nas horas escolares deixando o resto do día para o tan preciado tempo en familia. As clases están deseñadas de forma que o estudante recibe as novas leccións do día de forma individual ou en pequeno grupo e unha vez acabada a explicación móstranse diferentes exercicios para traballar e repasar o aprendido. Deste xeito, non necesitan levar tarefas a maiores para interiorizar os novos conceptos. O sistema de avaliación tamén é diferente do que coñecemos tradiccionalmente. Para a súa realización utilizan varias ferramentas, non só un exame. Avalían todo o proceso de integración do concepto, de principio a fin, axudándose dun rexistro diario de progresos onde miden e valoran os tempos de cada exercicio, o material utilizado, o tempo de concentración, as dificultades coas que se atopan… E aquí resolvo a duda e o temor de moitas familias ante este novo enfoque: si, os alumnos saen perfectamente preparados e co mesmo nivel académico que nun colexio convencional.

CAMELIAS NADAL

Desde o equipo directivo, Cristina Pereira apunta que o centron está certificado como colexio británico, con profesores nativos que acompañan ao alumnado a diario. As matrículas están abertas e os pais que apostan por unha educación menos tradicional, poden achegarse ás súas instalacións e coñecer a metodoloxía Montessori, tan beneficiosa para o alumnado. Aseguro que non vos deixará indiferentes e Eleven School pasará a ser o centro ideal para os vosos nenos/as. Ademais, a entidade está adherida á gratuidade para os segundos fillos e sucesivos que ofrece a Xunta.

Eleven School

Camiño Real, 10
San Pedro de Matamá
36213 Vigo
Telf. 672 07 77 80
info@elevenschool.com
www.elevenschool.com

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.