REVISTA ABRIL

Miudiños ao monte

Co final das vacacións e as miras postas no outono, o corpo xa pide «Familias a monte». Arranca o curso, e en Miudiño poñen as botas para ir ao monte, subir os penedos, construír cabanas, dar paseos e xogar en liberdade. O ocio no exterior é vital para desenvolvemento e saúde física e emocional da cativada. Non hai mellor compaña que a da propia familia para gozar compartindo experiencias co xogo e a realización de actividades ao aire libre.

E que é «Familias a monte»? Pois é un programa de actividades na natureza para a rapazada e as súas familias. A defensa do xogo libre constitúe un dos principios do traballo desta sociedade cooperativa galega. Desde o 2017, aquí botan as tardes dos luns con grandes e pequenos co fin de compartir tempo para xogar libremente en espazos exteriores.

REVISTA ABRIL

Estes grupos de xogo libre teñen lugar na zona de Freixo, na parroquia de Valadares, en fincas privadas en cesión e custodia de territorio. Ademais aquí organízanse actividades e itinerarios de educación ambiental en familia. Aproveitando a riqueza natural que nos ofrece a comarca, organízanse percorridos por diferentes praias, ríos e montes. Porque aínda que non o pareza, Vigo é moito máis que a cidade!

Horario: Xogo libre: luns, das 16:30 ás 18:30 h. Educación ambiental: un sábado ao mes, das 10:30 ás 12.30 h | Prezos: días soltos, 15,00 € por familia ao día. Grupo de xogo mensual: 48,00 € por familia ao mes. | Inscrición: eduambiental@miudinho.gal

miudinho.gal
653 02 57 08
@miudinho.scg

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.