VIALIA
PLAYDOC

María Soliño: “Tiña unha gran inquietude por escribir unha historia transcendental”

Escritora, traballadora social e revolucionaria, falamos de María Soliño a viguesa que chegou ao mundo literario para dar un berro revolucionario con ‘Cuando deje de llover’. Habitual vela no seu barrio, O Calvario e agora tamén de caseta en caseta nas feiras do libro de Galicia. María Soliño chega para dar voz a moitos temas tabús sobre todo en relación coa muller.

Por que decidiches escribir? Que é o que che impulsou?

Son traballadora social, especializada en igualdade de xénero e tiña unha gran inquietude por escribir unha historia trascedental cuxa protagonista fose unha muller. Xorde así “Cuando deje de llover” que ofrece un punto de vista reflexivo sobre como a nós os prexuízos sociais trúncannos moitas veces o dereito para ser libres.

Para ser a túa primeira novela chegas pisando forte, por que arriscaches cun xénero un tanto erótico?

A ver… eu non comecei pensando que estaba a escribir un xénero determinado, en ningún momento escollín un xénero concreto. Deixeime levar polo que me ía pedindo a protagonista, Marina e, a medida que ía avanzando a historia, ían xurdindo os feitos sen eu ser consciente de que realmente estaba creando unha novela erótica. De feito, non creo que sexa tal, simplemente é unha novela que conta unha historia moi potente dunha muller que busca facer pensar ao lector ademais de divertir.

A protagonista de ‘Cuando deje de llover’ é unha muller que o ten “todo” pero que está sometida a unha infinidade de prexuízos sociais. É Marina un reflexo da figura da muller na actualidade?

Exacto, é unha superwoman. Exitosa no seu traballo, casada cun maridazo e é unha gran nai. Marina ten o que vén sendo unha vida ideal. O problema é cando se cruza con outro home 10, xa que na sociedade na que vivimos non se poderían converter nun 20. Eu quería chegar a esa dobre moral, a como apoiamos a unha superwoman pero logo xulgámola por un simple instinto natural como é o desexo. Nestes casos a sociedade con todo, tende a idealizar ao home como un “heroe”. Con ela quería demostrar como os prexuízos sociais son moito máis incidentes na muller cando se dan os casos como o de Marina, e como a muller carga cun maior peso de culpa.

A túa novela está ambientada, case na súa totalidade en Vigo. Por que esta e non outra?

Primeiro porque eu son unha namorada de Vigo, son viguesa, nacín, crecín e vivo aquí. O segundo, por que irme a unha cidade como Madrid, Barcelona ou Nova York? Vigo é cidade dabondo para contar unha historia así. Hai situacións que si é certo que transcorren en A Coruña ou mesmo en Roma pero eu quería que a historia sucedese aquí, na miña cidade

Publicaches ‘Cuando deje de llover’ o 14 de marzo e xa vas pola túa segunda edición. Esperabas esta gran acollida?

(Risos) Para nada! Si que me esperaba certa acollida por parte das mulleres, xa que o escribín pensando nun público feminino. Pero o que máis me sorprendeu é que chegou a un público máis xuvenil e tamén masculino. Non me esperaba para nada a acollida dun público tan amplo e a verdade é que estou moi contenta e ilusionada.

Xa que o resultado desta novela está a ser moi bo, tes en mente sacar outra nun futuro non moi afastado?

REVISTA MAIO

Si, de feito estou niso. Unha vez que empezas a escribir, cólleslle o gusto e queres máis. Tamén comecei a escribir unha columna semanal chamada #Porellas en ‘Diario do Támega’. E de verdade que todo isto estame gustando tanto…

Para quen non puidese ir ás firmas da feira do libro, o venres 5 de xullo estarás no Corte Inglés asinando, verdade?

Si, estarei sinando en El Corte Inglés ás 19:00 na 5ª planta e ao longo do verán estarei por varias feiras do libro.

(GMT+01:00) El Corte Inglés


The following two tabs change content below.

Uxia Soliño

Iniciou os seus estudos na Filoloxía Hispánica na USC pero abandonouno cando se deu conta que a súa vocación era o mundo audiovisual. Estudando Comunicación Audiovisual na UBU e compatibiliza con UBURadio, onde dirixe e locuta Que me estás cantando. Escribiu o guion da curtametraxe 3:03 que foi galardoada a Mellor Curtametraxe de Ficción no Festival Creando 2019. Amante da fotografía, da radio, da música, dos seus e dos cans. De maior quere ser como Ángel Carmona ou Wilma Lorenzo aínda que se conforma con ser ela mesma, é fan da música e dos concertos improvisados na ducha.