CAMELIAS MASCOTAS

Gran presenza viguesa esta fin de semana no Culturgal

Esta fin de semana, do 29 de novembro ao 1 de decembro, terá lugar en Pontevedra unha nova edición de Culturgal, onde atoparemos representación viguesa grazas Xerais, Galaxia, Catro Ventos, Elvira, Pedro Feijóo, Ledicia Costas, Lulavai, Odet, Cartabón, Ártika, Ensalle, Apo’strophe, Barafunda, IES Manuel Antonio, Universidade de Vigo e APAMP.

Actividade infatil durante a pasada edición do Culturgal

Culturgal é a Feira da actividade cultural en Galicia; unha cita de referencia que en 2019 se celebra do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra co lema “Dálle unha volta á Feira!”. Durante 3 días a Feira presenta un programa de actividades que se espallan polos diferentes escenarios: Carpa, Libro, Foro, Familiar, Audiovisual, Arte Contemporánea. En total, máis de cen actos e actividades nunha programación que se constrúe coas propostas de empresas, artistas e institucións. A continuación, un resumo con toda a representación local nesta festa da cultura. Para coñecer toda a programación, preme aquí.

VENRES 29 DE NOVEMBRO

11:00 – Ciencia á feira. Obradoiros “Dentes saudables”, en colaboración co 2º curso do Ciclo Superior de Hixiene Bucodental do IES Manuel Antonio (Vigo), e “Dentes e mandíbulas de animais mariños”.
12:00 – Encontro de Ledicia Costas con escolares arredor do libro Conexión Macarrón. (Ed. Xerais)
13:30 – Presentación da Rede Galega de Salas, onde están incluídas a Sala Ártika ( Fernanda Barrio e Fernanda Barrio) e a Sala Ensalle (Pedro Fresneda).
19:00Un mar de burbullas. Barafunda. Un espectáculo de burbullas con temática mariña: as protagonistas son as burbullas de xabón que, da man de dúas persoaxes, toman diferentes formas para xogar coas emocións.
19:15 – Conversa de Kiko Da Silva, autor de Aprende banda deseñada con Fiz, con Fran Alonso sobre “A importancia da banda deseñada na lectura infantil”. (Ed. Xerais)
19:45 – Presentación/debate dos dous últimos títulos da colección Feminismos. (Ed. Galaxia). Papá, por que non pintas as unllas de cores? Educando (construíndo) masculinidades disidentes de Jorge García Marín e Mulleres que (nos) dan que pensar de África López Souto. Presentado por Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
20:15 – “Se quen traduce falase…”. Conversa sobre tradución literaria. Ademais, entrega do Premio Xela Arias á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo

SÁBADO 30 DE NOVEMBRO

REVISTA NOVEMBRO

11:00 – Ciencia á feira. Obradoiros “Dentes saudables”, en colaboración co 2º curso do Ciclo Superior de Hixiene Bucodental do IES Manuel Antonio (Vigo), e “Dentes e mandíbulas de animais mariños”.
12:00 Herba de namorar de María do Cebreiro. (Ed. Galaxia). Presentación do último poemario de María do Cebreiro, acompañada polo xornalista e tamén poeta Daniel Salgado.
16:30Canta, miña pedra, canta. Homenaxe a Antonio Fraguas de Xoán Curiel. (Ed. Galaxia). Un espectáculo familiar ao redor dos relatos populares e cancións recollidas por Fraguas. Recomendado entre 6 e 12 anos.
18:00 – Conversa entre “El Hematocrítico”, autor de Rapunzel con piollos, e Ledicia Costas, autora de Conexión Macarrón, sobre “O humor na literatura infantil”. (Ed. Xerais)
18:15Viaxes gatunas. (Ed. Xerais). Contacontos-obradoiro a cargo de Eva Mejuto e Víctor Rivas, autores do álbum Dez gatiñas viaxeiras. De 4 a 8 anos.
19:00 – Debate arredor do libro A morte de Galicia. Xerais. Un libro que desmonta a ideoloxía caracterizada por agochar a emigración e culpar os vellos e as mulleres da pronta “morte de Galicia”. Participan: Isidro Dubert, Antía Pérez Caramés e Melchor Fernández. Presenta Fran Alonso.
19:45 – Premios Xerais 2019. Conversa de Ana G. Liste con Amador Castro Moure, autor de Shanghai a Barcelona (Premio Xerais de Novela 2019); Rosa Aneiros, autora de Xelís, o guieiro das botellas de mar (Premio Merlín de Literatura Infantil 2019) e Emma Pedreira, autora de Os corpos invisibles (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2019).
19:45A fraga do meu avó. Mamá Cabra. (Ed.Galaxia). A fraga do meu avó está chea de árbores, animais e vida, pero agora vese rodeada de eucaliptos e de xente que tenta cortala. Para concienciar da problemática dos bosques autóctonos e dos espazos naturais, nace este traballo, cheo de poesía, música e ilustracións para chegar ao corazón de todos e de todas.
20:30 – Conversa entre Gonzalo Hermo, Premio Narrativa Breve Repsol 2019 con Diario dun enterro e Berta Dávila, Premio García Barros 2019, con Carrusel. (Ed. Galaxia). Presenta Carlos Lema, director de edicións de Galaxia.

DOMINGO 1 DE DECEMBRO

12:30Lulavai. Músicos ao vivo. Catro artistas forman este insólito cuarteto de arpas celtas e voces. Sobre os escenarios dan vida a ensoñadoras melodías, baseadas na música tradicional galega, mixturadas con pinceladas de clásica, músicas do mundo, e todo iso aderezado por orixinais arranxos e composicións. Con Paula Oanes Pazos, Josefa Fernández Osorio, Elena Paz Alonso e Lorena Reinaldo Lusquiños.
13:15A que cheiran as cores de Casto Rivadulla. (Ed. Galaxia). A agardada guía para coñecer o cerebro! Presentación con Luísa Martínez, directora da colección “A lanterna de Aristóteles”, e Xulio Amigo, director comercial de Galaxia.
13:30 – Píntame unha poesia. Con Xosé Tomás e os músicos María Faltri e Jorge Juncal, para levar ao vivo o proxecto creativo que tivo lugar para ilustrar o libro-disco Fantasía coas Palabras, de Galaxia.
17:30O Veleiro Verde de Maria Fumaça. (Ed. Galaxia). Novo disco da familia María Fumaça e veñen de presentación á Feira!
18:00 – Obradoiro de ilustración fantástica con Anxo Fariña, autor de Os ecos do lume. (Ed. Xerais). De 8 a 12 anos.
18:30 – «Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais». Unha conversa coas autoras. Catro Ventos Editora. Con Miguel Pardellas Santiago, Paula Lubián Fernández e Celsa González Ogando, de Proxecto Batefogo e Patricia Buxán Outeiro, da editora.
18:30 – “Cuerpo, territorio y enfermedad”. Presentación dos proxectos de investigación e Creación de Basilisa Fiestras e Alexandra R. Rey xunto coa presentación do proxecto expositivo «Orografías», para o próximo abril na sala de Arte Apos´trophe.
19:00 – Conversa de Susana Pedreira con Pedro Feijoo, autor de Un lume azul. (Ed. Xerais).
19:30 – Conversa con Anselmo López Carreira, autor de Arte e escritura na Galicia medieval (séculos VI-X). Xerais. Presenta: Fran Alonso.
19:30 – Conversa entre Adolfo Caamaño, Premio Vilar Ponte de Novela 2018 con Matar o heroe e Abel Tomé, Premio Illa Nova de Narrativa co libro A noite do lobo. Galaxia.
19:30 – ORDET. Unha banda de Sound Art movéndose entre a poesía, os visuais e a ilustración.