VIALIA
bannerPicnicSesions

Forte presenza viguesa nos Premios Martín Códax

Esta semana coñecimos os proxectos finalistas aos X Premios Martín Códax, os galardóns da música galega. Entre os afortunados atopamos numerosas caras coñecidas da cidade cuxo traballo se ve recompensado con este recoñecemento.

Membros de Youcanthide, Fillas de Cassandra e da Sala Rebullón, entre outros | Pixelín Photo

Os premios da nosa música, os Martín Códax, celebran este ano a súa X edición o vindeiro 7 de xuño no Pazo da Cultura de Pontevedra e estará inspirada no proceso de elaboración do viño en relación aos procesos de composición e produción de música. Esta semana deron a coñecer os proxectos finalistas que competirán por unha estatuíña o mes que vén en Pontevedra.

Como vén sendo habitual, non faltan propostas vigueses e da contorna na listaxe dos nomeados: na categoría de Folk temos a Abril, en Músicas do mundo a Madalena Gamalho, en Canción de autor a Su Garrido Pombo e Santi Araújo, en Músicasen Clásica e contemporánea Papagena, en Urbanas a Sila Lua, en Metal a Youcanthide, en Jazz David Regueiro Trío, en Salas a Sala Rebullón, en Festivais o Millo Verde e en Artista emerxente as Fillas de Cassandra.

BLUES, FUNK E SOUL

Udra
Angeles Dorrio Música
Apart

MÚSICA FOLK

Quico Comesaña + Grupo
Xurxo Fernandes
Abril

MÚSICAS DO MUNDO E MESTIZAXE

Catuxa Salom
Ton Risco e Marcos Teira
Madalena Gamalho

CANCIÓN DE AUTOR/A

Santi Araújo
Su Garrido Pombo
Tomás Porteiro

MÚSICAS URBANAS

Sila Lua
MØU
BoyankA KostovA

ORQUESTRAS, GRUPOS E MÚSICA DE VERBENA

Burgas Big Band
Orquesta La Ocaband
Grupo limon

METAL E HEAVY

Arrhythmia
Youcanthide
Lost Minnow

BANDAS MÚSICA POPULAR

Banda Cultural de Salceda
Banda de Música Municipal de Silleda
Banda De Música “O Landro” De Viveiro

MÚSICA TRADICIONAL

Pan Sen Fron
Paraíso Canto
Ailá

MÚSICA INFANTIL

Pakolas
Pillaband
Brais das Hortas

MÚSICA CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA

Fabio Álvarez
Mario G. Cortizo
Papagena

ELECTRÓNICA

Carabela
Terrae
Mel

JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS

Lucia Martinez & The Fearless
David Regueiro Trio Ft. Alexandre Cavaliere
Valentin Caamaño

ROCK E PUNK

Moura
Eager Platypus
WetSocks

POP E INDIE

Banda Aldaolado
Blanco Palamera
Momboi

SALAS

Sala Rebullón
Aturuxo Boiro
Sala Pub Gatos

PROXECTOS DE COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN MUSICAL

Cuac FM
O Recanto do Corcovado
GalicianTunes

FESTIVAIS

REVISTA ABRIL

Festival Millo Verde
CanteiraFest
Foliada da Fonsagrada

ARTISTA EMERXENTE

Fillas de Cassandra
Sergio de Miguel
Lontreira