REVISTA ABRIL

Gran presenza viguesa entre os gañadores dos premios Xuventude Crea

A mocidade viguesa demostra unha vez máis a súa valía cunha forte presenza entre os gañadores e finalistas dos premios Xuventude Crea, organizados pola Xunta de Galicia. Un total de 11 rapaces e rapazas sitúanse no top 3 das diferentes categorías.

O grupo Mundo Prestigio, 2º premio na modalidade de música dos Xuventude Crea 2020

Os Premios Xuventude Crea están dirixidos a mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2020. O certame premia as creacións das novas camadas de artistas galegos en 14 disciplinas: Artes plásticas, Banda deseñada, Cociña, Creación de videoxogos, Danza moderna, Deseño de xoias, Fotografía, Graffiti, Moda, Música, Novela curta, Poesía, Teatro, Videocreación…

A edición deste ano acadou un récord de participación, con preto de 500 mozos que presentaron as súas candidaturas, fronte ás 382 do ano anterior. Os premios para cada especialidade son de 3.000 euros o primeiro premio, 1.500 euros o segundo premio e 1.000 euros o terceiro premio.

Como xa adiantábamos en novembro, tres grupos de bailaríns da cidade entraron no podio da categoría de danza. O bronce o comparten dúas formacións da nosa cidade: Estorniños e Sway, que presentaron as coreografías Cardumen e Esnaquizoume, respectivamente. O primeiro posto tamén recaeu nunha nova formación viguesa, Mera, cuxos integrantes, os bailaríns de Mediapunta Pablo, Saray e Marta, resultaron gañadores coa peza Litost

REVISTA ABRIL

O outro primerio premio cosechado pola cidade olívica é na sección de cociña. Shewit Perez Izaguirre Martínez alzouse coa primeira posición co prato Brisa Mariña. O terceiro premio recaeu no seu compatriota Javier Gómez Lojo, que presentou o prato Canelón e vieiras e maniñas de porco celta con bechamel de queixo de tetilla e trompetas dos mortos.

Onécime Betances, estudante de intercambio na Escuela del Atlántico, especializada en xoiería, resultou terceiro na clasificación de xoiería coa obra Al rescate marino. A compañía viguesa Lohengrín Teatro, presentou a peza Coa mirada nas súas mans que foi valorada como a segunda mellor creación nova deste ano na modalidade de teatro. Adrián Lomba Balea tamén resultou segundo, na categoría de graffiti, coa obra de arte urbana Estilo en continua construcción e a deseñadora Dafne Míguez Nieto recibiu o segundo premio na categoría de videoxogos con Cruña Invicta.

Na modalidade musical tamén hay presenza viguesa. O ano pasado o primeiro premio foi para un músico da nosa cidade, Xermán Bugallo, este ano a segunda e terceira posición foron para artistas locais. O segundo premio gañouno o cuarteto de hip hop electrónico Mundo Prestigio que presentou o tema Mundo Nuno e quen quere falar; mentres que a terceira posición foi para o grupo de R&B Pacnic Light que presentaron as cancións As que nunca calaron e Burn it higher.