REVISTA ABRIL

Gloria ao pobo venezolano

Tras a moda da comida chinesa, mexicana ou xaponesa, a gastronomía caribeña vénse acomodando no seo da nosa hostalería. Hai uns anos era complicado catar por aquí petiscos como arepas ou tequeños, pero hoxe forman parte das cartas de moitas taperías e restaurantes especializados nestes pratos. Esta nova riqueza debémoslla en boa parte á comunidade venezolana asentada en Galicia que, como tantas outras culturas, non quixo deixar atrás os sabores da súa infancia para descubrir aos europeos un novo mundo de carnes guisadas lentamente, masas de millo e plátanos verdes fritidos. Pero a oferta non termina no abecé do petisco caribeño, pois non son poucos os locais onde se fusiona a cociña venezolana con outras, especialmente coa norteamericana. Por iso é habitual atopar nestes locais unha carta de hamburguesas e mesmo podemos responsabilizalos do auxe dos brunch e moitos almorzos contundentes que prosperan por estes lares.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.