CAMELIAS MASCOTAS

Estas son as novas medidas da Xunta para Semana Santa

Este mércores o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo anunciou as novas medidas sanitarias que entrarán en vigor a partir de mañá e durarán polo menos ata Semana Santa, a finais de mes. Estas novidades inflúen nos aforos e horarios da hostalería e nas reunións entre non convivintes.

REVISTA NOVEMBRO
A praia do Vao, no verán de 2018 | P. Vázquez

Con tanto cambio é doado perderse e non saber moi ben o que se pode facer e o que non. Comezando pola hostalería, os bares e restaurantes poderán abrir as súas portas ata as 21:00. Os aforos tamén mudan: pasan de 50% en terrazas e 30% en interior a 75% en terraza e 50% en interior. Un bo momento para pasar unha tarde de cañas cos amigos nalgún dos nosos locais favoritos, por suposto sempre coa máxima precaución. Polo momento non poderemos cear fóra (a non ser que levedes horario inglés), pero pedir a domicilio segue sendo unha boa opción.

Tamén hai novidades respecto ás reunións con non convivintes. Poderemos quedar ata con seis persoas non convivintes en exteriores, para ir a dar unha volta pola praia, polo monte ou aproveitar para coñecer mellor a cidade. En cambio, en establecementos hostaleiros esa cifra redúcese a catro persoas, como ata agora. O que non está permitido é quedar nos nosos domicilios. Polo tanto, non termos excusa para non quedar con nosos para ir ao cinema (no Salesianos proxectan esta fin de semana The Kid, de Charles Chaplin), ao teatro (Ártika, Ensalle ou Vigocultura) ou mesmo a un cine-concerto (Caspervek musicando en directo a Buster Keaton en MUTA).

Sobre as praias, o aforo será delimitado contando con que cada persoa debe ter ao redor polo menos catro metros cadrados de distancia de seguridade. A máscara será obrigatoria agás no momento do baño e á hora de tumbarnos a tomar o sol, sempre que non nos despracemos dese lugar. Poderemos movernos por case todos os concellos galegos agás Paradela, Vilardevós e Maside, que se atopan no nivel máximo. Como ata agora, Galicia segue pechada perimetralmente ao resto de comunidades autónomas. O toque de queda continúa establecido entre as 22:00 e as 6:00.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.