UVIGO
FILLOAS

‘The Kid’ de Chaplin celebra no Salesianos o seu centenario

Unha das obras máis famosas de Charles Chaplin, The Kid, volve á gran pantalla polo seu 100ª aniversario. Concretamente á tea do Cine Salesianos, onde poderemos ver unha versión restaurada da primeira longametraxe dun dos grandes xenios da comedia cinematográfica este venres, saábado e domingo ás 17:15.

O pasado 6 de febreiro a primeira longametraxe de Charles Chaplin, The Kid, cumpría un século. Un filme divertido, emocional e dramático que upou a Chaplin como un dos grandes directores e intérpretes de historia, e non só no ámbito da comedia.

The Kid fálanos dun vagabundo, o mítico Charlot, que adopta a un neno abandonado do que se encariña rapidamente. Os servizos sociais intentan arrebatarllo, pero ambos, Charlot e o neno, loitarán para permanecer xuntos e sobrevivir nun entorno hostil. O filme ten un transfondo autobiográfico, xa que o propio Chaplin foi separado da súa nai cando era un neno e tivo que traballar en espectáculos ambulantes para saír adiante. Iso e que o director viña de perder ao seu fillo, nado prematuramente.

CAMELIAS NADAL

A película foi, e sigue sendo, un éxito de crítica e público, demostrando a polivalencia como director e intérprete de Charles Chaplin. O seu compañeiro de reparto, o novísimo Jackie Coogan, é considerado como a primeira estrela infantil do cinema. Sobre1800 metros de negativo foron os escollidos dos 150.000 que filmou Chaplin, dun perfeccionismo case enfermizo, para a versión final da obra, que será proxectada nos Cines Salesianos de venres a domingo ás 17:15, cun prezo de 4,50€. Como as entradas non se poden mercar previamente, é recomendable acudir á sala con certa antelación, xa que en anteriores proxeccións, como Ons ou Las niñas, houbo bastante afluencia de público.