Esenza Pilates, gozar de estar ben
O centro do que aquí falamos ofrece dúas actividades principais: pilates e aeroioga, perfectas para relaxar corpo e mente. O aeroioga triunfa como a práctica máis divertida, xa que se realiza coa axuda de teas penduradas do teito que actúan coma un columpio. É unha disciplina que engancha, pois é moi doado notar melloras nas posturas ao pouco de iniciarse, cousa que anima a atreverse con posicións novas. Isto implica que o corpo estea máis solto, gañe forza e axuda a descansar e durmir mellor. «As teas actúan coma se fosen unha persoa que axudase a acadar e manter posturas», explica Rafael García, que canda Vanesa Alonso leva 10 anos con Esenza Pilates.
Despois do confinamento a xente está a darlle máis importancia a estas actividades, explica García, «pois logo de tanto tempo parados ou de pasar días estáticos traballando na casa, vese necesario estirar o corpo e disipar o estrés». En Esenza Pilates ofrécese un trato moi próximo, con clases adaptadas ás necesidades de cada cliente, sesións privadas para a atención individualizada ou grupos reducidos para todas as idades no chan, con accesorios e máquinas, ademais do aeroioga.
Gañar elasticidade e ton muscular, corrixir e mellorar a postura corporal, a circulación sanguínea, a respiración e o benestar é moi doado coas actividade de pilates e aeroioga, pero ademais tamén imparten sesións de quiromasaxe, reflexoterapia e reiki.
Alberte Mera
Últimos posts de Alberte Mera (ver todos)
- Esenza Pilates, gozar de estar ben - 27 Outubro, 2021
- Brooklyn Fitboxing, unha experiencia wow - 27 Outubro, 2021
- Modelos de compra consciente - 9 Xaneiro, 2020
- María Soliña camiño do cinema - 4 Outubro, 2019
- Un maio de flores cuberto - 8 Maio, 2019