Ioga e pilates, dúas prácticas que nos permiten gañar mobilidade
Tras os meses de remollo no mar ou a secar ao sol, vai sendo hora de ir volvendo á rutina e poñerse en movemento. Velaquí traemos un par de opcións inmellorables para reactivar corpo e mente.
Mussa, The Pilates Center
A práctica de actividade física regular permite previr enfermidades e lesións, así como ampliar o horizonte dos anos de vida con boa saúde. Segundo o módulo de saúde da Enquisa de condicións de vida das familias realizada en 2022 polo Instituto Galego de Estatística (IGE), Galicia é unha das comunidades autónomas con máis nivel de sedentarismo en persoas adultas, chegando ao 30,5 % da poboación. Para reverter esta tendencia, Mussa nace en 2008 como centro de benestar e saúde único en terapias do movemento. E en concordancia con recomendacións médicas, psicolóxicas e nutricionais, ofrece un procedemento cunha chea de beneficios que teñen repercusión positiva na vida diaria. Aplicando con rigor o método Pilates, pódese dirixir a persoas de calquera idade, sexo e condición física que queiran mellorar a saúde con beneficios rápidos e directos. Con todas as melloras e innovacións que se introducen de xeito continuo neste centro de Pilates, os tres piares seguen a ser os mesmos: forza, flexibilidade e movemento. Por se os 16 anos de experiencia non fosen suficiente aval, Mussa é a única sede en Galicia da Escuela Española de Auténtico Pilates (EEDAP), unha asociación fundada en 2005 que ofrece cursos de formación profundos e completos que abranguen desde a creación do método ata os seus últimos términos.
Rúa do Carral, 16 | mussapilatescenter.com | 986 13 20 71 | info@mussapilatescenter.com | @mussapilatesvigo| @escuelamussapilates
Savia Yoga Integral
Un espazo tranquilo e luminoso no centro da cidade para descubrir de primeira man as moitas bondades do ioga, unha disciplina de crecemento persoal, a nivel corporal, emocional e mental é o que ofrece o equipo encabezado por María García. Un grupo de persoas ás que o ioga lles cambiou a vida e que queren compartir unha aprendizaxe adquirida durante anos. A variedade de opcións que se poden encontrar en Savia é ben ampla: ioga integral, unha disciplina esixente ideal tanto para iniciarse como para avanzar; Vinyasa, un estilo dinámico no que se combina a respiración co movemento, desbloqueando a enerxía estancada para liberar corpo e mente; ioga adaptado, deseñado para xente con problemas de mobilidade , ioga familiar, idóneo para practicar desenvolver a axilidade, a creatividade e a curiosidade en nenas e nenos (con grupos de 3 a 6 ou de 7 a 9 anos de idade); e adestramento personalizado, un programa funcional de forza adaptado ás facultades e habilidades de cada usuario e apto para todas as idades e niveis de actividade física. Ao longo do ano académico, este centro tamén ofrece formación para profesionais e diferentes obradoiros con mestres recoñecidos no mundo do ioga. Estes talleres poden ser en forma de retiro, como o que se está a preparar para o vindeiro mes de marzo, ao outro lado da ría, concretamente no Hío, contando como profesores coa propia María e con Pedro Alonso.
Rúa de Bolivia, 20, 1.º B | 646 28 17 46 | saviayogaintegral.com | @saviayogaintegral