REVISTA MARZO

Escolas de portas abertas: O Castro British International School

Un dos peores problemas que podemos atopar á hora de aprender unha nova lingua é empezar con mal pé. Saber inglés é unha competencia que pode abrir moitas portas, tanto a nivel laboral como persoal. Aprender un idioma estranxeiro non é doado e, cando os métodos non son os axeitados, podemos quedar no intento.

O centro O Castro, primeiro colexio británico de Vigo, pon á disposición do alumnado unha plena inmersión lingüística en inglés desde o primeiro día, con profesores nativos. Certificado pola Asociación Nacional de Colexios Británicos en España (NABSS), acreditado polo British Council, homologado pola Xunta de Galicia, e seguindo o National Curriculum inglés, este centro situado no concello de Mos ofrece un sistema educativo moi personalizado, que fomenta o pensamento crítico, a investigación e as experiencias prácticas, onde non importan tanto os contidos senón as competencias e as habilidades de cadaquén.

É o único colexio oficial británico de Galicia que ofrece todas as etapas educativas. A aprendizaxe é dinámica, interactiva e altamente motivadora. Na primeira etapa de educación infantil, coñecida en inglés como early years, cada cativo aprende ao seu ritmo, unha aprendizaxe propia e distinta. Os resultados académicos obtidos no remate da etapa escolar están catalogados como excelentes, e proba desa excelencia son algúns dos recoñecementos obtidos a nivel internacional: segunda promoción de graduados cun 100 % de presentados e aprobados; unha nota media de 12,1 puntos sobre 14, destacando dúas cualificacións de 13,95 ou a mellor nota de España nos IGCSE; entre outros logros.

Banner A Movidiña

Neste centro apréndese a falar en público, realízanse representacións escénicas e trabállase en equipo. Anímase a compartir, apréndese a esperar e respéctanse as normas e as rutinas establecidas. Aquí cóbrense, por suposto, as sete áreas de aprendizaxe académica da etapa infantil: comunicación e linguaxe, coñecemento do medio, desenvolvemento matemático, artístico, físico; desenvolvemento persoal, social e emocional; lectura e escrita. Ademais, o centro dispón para o alumnado programas de estancia no estranxeiro e xornadas educativas internacionais, como olimpíadas científicas e deportivas, grazas a pertencer ao prestixioso grupo Globeducate.

Para saber máis sobre este proxecto educativo a semana de portas abertas, do luns 14 ao venres 18, é unha oportunidade. A solicitude para a visita pode facerse a través da web deste centro.

Portas abertas: do luns 14 ao venres 18 inscrición na web do centro.
bisocastro.com
986 200 028 | 608 735 207
admissions@bisocastro.com
Camiño de San Cosme, 1 San Pedro De Cela (Mos)

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.