Escola de danza Ítacas: odiseas para os reis da casa
Desde ben cativos, sobre todo a partir dos dous anos de idade, é moi recomendable realizar actividades que melloren e afiancen as capacidades motrices, centrándose especialmente no movemento e a coordinación. Neste proceso, xoga un papel moi recomendable a danza. Con ela tomamos conciencia do propio corpo, que nos pertence en exclusiva e que dominar con cada movemento que fagamos.
Nandy Álvarez é profesora especializada en danza, educadora infantil e xerente da escola de danza Ítacas; cóntanos que as clases de iniciación que imparte para a cativada se desenvolven nun ambiente lúdico, libre e creativo; introducindo disciplina a través da motivación que proporciona do xogo. Desde movementos máis xenéricos a movementos concretos, pasando por cambiar a posición do corpo, controlar o equilibrio, mellorar a elasticidade…
Ademais de mellorar as capacidades motrices, visuais, auditivas e permitir que as emocións e as sensacións flúan con total liberdade, nesta escola tamén se educa no traballo en equipo achegando os pequerrechos a outras culturas. Os reis da casa son benvidos, sexa cal for o perfil que teñan: atrevido, competitivo, os enérxicos, persistente, tímido, tranquilo… Tecendo cos fíos da danza beneficiamos corpo e mente. A escola dispón de matrícula gratuíta durante o primeiro mes para poder probar… pero quen proba, repite!
Rúa Illas Baleares, 28
681 90 37 80
itacaescueladedanza.com
IG: @itacaescueladedanza
FB: ÍTACAS Escuela de Danza
Últimos posts de Lourdes Tomé (ver todos)
- Mobility Kids: a mobilidade como centro da saúde - 10 Xullo, 2023
- Kids&Us, inglés desde o primeiro - 22 Xuño, 2023
- Un verán no xardín - 5 Xuño, 2023
- Nubes Blancas, actividades estivais adaptadas aos máis pequenos - 24 Maio, 2023
- La Fábrica Fotografía: comungando cos recordos - 14 Abril, 2023