Disfrazar ou non disfrazar, esa é a cuestión

Se ben a infancia dura pouco, os Carnavais duran menos aínda. A case todos os cativos lles gusta disfrazarse. É unha actividade que favorece o desenvolvemento do caletre, o xogo simbólico e a creatividade.

Ata os sete anos, os galopíns non distinguen con certeza a realidade da fantasía. Esta última é normal e saudable para o seu equilibrio emocional. Ademais de ser un método  para que expresen sentimentos, tamén se converteu nun dos recursos máis utilizados polos terapeutas infantís para axudar a que os pequenos afronten os certos medos e adopten condutas como a empatía ou integrarse na sociedade do mundo que os rodea.

XORNADA XUNTA

Tras as máscaras hai múltiples vantaxes para os pequerrechos, por iso na tenda de xoguetes Imaxínate! dispoñen de disfraces todo o ano. Grazas a un amplo catálogo e un bo fondo de almacén, nesta tenda a fantasía faise realidade. Especializados neste tipo de vestimentas infantís, os responsables do comercio están preparados para que os pequerrechos se enfunden nos seus traxes de Entroido e boten a voar a imaxinación.

Imaxínate!
Rúa do Padre don Rúa, 13
Web: https://juguetesydisfraces.es/
Facebook: Imaxinate
Intagram: @imaxinate

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.