Disfrazar ou non disfrazar, esa é a cuestión
Se ben a infancia dura pouco, os Carnavais duran menos aínda. A case todos os cativos lles gusta disfrazarse. É unha actividade que favorece o desenvolvemento do caletre, o xogo simbólico e a creatividade.
Ata os sete anos, os galopíns non distinguen con certeza a realidade da fantasía. Esta última é normal e saudable para o seu equilibrio emocional. Ademais de ser un método para que expresen sentimentos, tamén se converteu nun dos recursos máis utilizados polos terapeutas infantís para axudar a que os pequenos afronten os certos medos e adopten condutas como a empatía ou integrarse na sociedade do mundo que os rodea.
Tras as máscaras hai múltiples vantaxes para os pequerrechos, por iso na tenda de xoguetes Imaxínate! dispoñen de disfraces todo o ano. Grazas a un amplo catálogo e un bo fondo de almacén, nesta tenda a fantasía faise realidade. Especializados neste tipo de vestimentas infantís, os responsables do comercio están preparados para que os pequerrechos se enfunden nos seus traxes de Entroido e boten a voar a imaxinación.
Imaxínate!
Rúa do Padre don Rúa, 13
Web: https://juguetesydisfraces.es/
Facebook: Imaxinate
Intagram: @imaxinate
Últimos posts de Lourdes Tomé (ver todos)
- Mobility Kids: a mobilidade como centro da saúde - 10 Xullo, 2023
- Kids&Us, inglés desde o primeiro - 22 Xuño, 2023
- Un verán no xardín - 5 Xuño, 2023
- Nubes Blancas, actividades estivais adaptadas aos máis pequenos - 24 Maio, 2023
- La Fábrica Fotografía: comungando cos recordos - 14 Abril, 2023