CAMELIAS MASCOTAS

Dez historias de futuro habitan o MARCO ata xaneiro

Dez estudantes de Belas Artes expoñen os seus traballos de fin de grao no Museo MARCO entre o 7 de outubro e o 8 de xaneiro. A exposición Future Stories foi producida grazas as becas da Fundación MOP para impulsar as carreiras de novos artistas galegos.

Antía Encisa González, Carmen Suárez Marcos, César Souto Rodríguez, Elsa Bouzas, Juncal A. Castro, Laura Cid Rascado, Lucía Perdiz, Raquel Álvarez Méndez, Sandra Gutiérrez Aldao e Xoel Gómez López, estudantes da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo poden presumir, desde hoxe, de ter a súa obra exposta no Museo MARCO, institución de referencia na cidade para a arte contemporánea.

REVISTA NOVEMBRO

A exposición coral conta cunha interesante mestura de técnicas e perspectivas. Atopamos traballos de fotografía, escultura, pintura, debuxo, videoinstalación e ata performance. Os temas e motivacións tamén son de índole variopinta, a obra de Xoel Gómez, por exemplo, é un monólogo íntimo no que escenifica co seu corpo a construcción da súa propia indentidade como persoa non binaria. Pola súa parte, Lucía Perdiz e Raquel Álvarez exploraron o concepto de refuxio, a primeira desde a mobilidade territorial; a segunda desde a seguridade e o abrigo. Outros traballos, como o de Laura Cid, retratan a felicidade a través das aventuras ilustradas dun oso beizudo.

A finais de 2021 a Universidade de Vigo e a Fundación MOP (iniciativa cultural de Marta Ortega Pérez) puxeron en marcha Future Stories, un proxecto de colaboración para promover a arte emerxente en Galicia. O programa foi financiado cos ingresos da venda de merchandaising da exposición Peter Lindbergh: Untold Stories, promovida pola empresaria en A Coruña entre decembro de 2021 e marzo de 2022.

O exito da exposición permitiu ofrecer ao alumnado de Belas Artes dez becas de 4.000 € para o desenvolvemento de proxectos artísticos a partir dos seus traballos de fin de grao. Tras un proceso de selecciónn no que se valorou a orixinalidade, calidade formal e interés conceptual, seleccionáronse os traballos de Antía Encisa González, Carmen Suárez Marcos, César Souto Rodríguez, Elsa Bouzas, Juncal A. Castro, Laura Cid Rascado, Lucía Perdiz, Raquel Álvarez Méndez, Sandra Gutiérrez Aldao e Xoel Gómez López.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.