REVISTA ABRIL

Máis de 30 espectáculos ata xaneiro no Mar de Vigo

Musicais, concertos e eventos infantiles, configuran a programación trimestral do auditorio Mar de Vigo con máis dun 40% de ocupación nas datas. O espectáculo El Gran Hotel de las Reinas, Recuérdame, el Musical de Coco, a ópera Madama Butterfly, os concertos de Los Zigarros ou Mikel Erentxun, o ballet de El Cascanueces ou El lago de los cisnes entre as propostas máis relevantes para amenizar a programación invernal da cidade olívica.

Laura LaMontagne e PicoAmperio actuando no Mar de Vigo no Día das Letras Galegas | P. Vázquez

CONCERTOS

BLUEFEST: Myles Sanko, Zenet, Los Mambo Jambo e Koko-Jean & The Tonics – 22 e 23 de outubro
un novo evento que ofrece a oportunidade de experimentar as diferentes formas de entender as músicas de raíz negra, o blues, soul, funk, rock…, que forman parte dun universo musical cargado de paixón e profundidade. Unha aposta para gozar da música na baía de Vigo, cun cartel formado por varios artistas no seu mellor momento: Myles Sanko, Zenet, Los Mambo Jambo e Koko-Jean & The Tonics.

SUNSET BEATS: Digitalism DJ – 30 de outubro

Tras dous aprazamentos, o Sunset Beats de Vigo, chamado a ser o primeiro festival de música electrónica da cidade, celebrarase o vindeiro 30 de outubro coa actuación dun dos dúos máis representativos da electrónica, Digitalism.

MOMENTOS ALHAMBRA: Travis Birds e Mr. Kilombo – 12 e 13 de novembro
Serán dúas sesións irrepetibles, en formato íntimo e para público reducido, que servirán como carta de presentación das últimas novidades discográficas dos artistas. Ademais, estarán acompañados pola ilustradora Eva Agra, que plasmará sobre o papel cada actuación.

LOS ZIGARROS – 4 de decembro
Los Zigarros son adrenalina, paixón e rock & roll. A banda valenciana traerá o 4 de decembro un potente directo acompañado de imaxe e actitude, confirmando que son materia obrigatoria de primeiro de r&r.

ALABAMA GÓSPEL – 22 de decembro
Unha agrupación formada por 20 artistas que realizará un percorrido intenso desde as cancións espirituais do século XIX, de profundas raíces relixiosas, ata unha homenaxe ás cancións de protesta e marchas pola liberdade.

BANDAS SONORAS – 6 de xaneiro
cita con 3 xenios do cinema: Hans Zimmer, Ennio Morricone e John Williams. Un intenso percorrido por aquelas bandas sonoras que máis nos emocionaron. Melodías universais que nos fixeron rir, chorar, soñar, sufrir e saltar da butaca, que xa forman parte da memoria colectiva e que hoxe cobran vida propia fose das salas de proxección. A heroicidade de ‘Star Wars’, a audacia de ‘Indiana Jones’ e a maxia de ‘Harry Potter’ inspiraron a John Williams a crear algunhas das partituras de películas máis queridas de todos os tempos.

MIKEL ERENTXUN – 22 de xaneiro
Mikel Erentxun presentará ‘Amigos de Guardia’, unha homenaxe aos seus 35 anos de carreira no que quixo sacar un disco que reflicta todo o que sentiu. O artista revisita case catro décadas de cancións nun dobre disco que non é un ‘grandes éxitos’, senón un disco de celebración no que atopar algunhas das súas mellores cancións.

ESPECTÁCULOS, MUSICAIS E DANZA

RECUÉRDAME, EL MUSICAL DE COCO – 24 de outubro
Primeiro musical tributo a unha das películas máis entrañables dos últimos anos ‘Coco’, a cal se inspirou na festividade mexicana do Día de Mortos e converteuse nunha das películas animadas máis taquillera da historia, ademais de conseguir dous Óscar: á mellor película animada e á mellor canción orixinal

EL GRAN HOTEL DE LAS REINAS – 5 e 6 de novembro
Experiencia de máis de dúas horas na que atoparemos música, lip sync, baile, humor, cabaret, looks espectaculares, interacción co público e moito talento. Un espectáculo Drag cheo de luxo e fantasía que non deixará indiferente a ninguén.

VIGOPORTÉ – do 25 ao 28 de novembro
regresa de maneira presencial tras o éxito do pasado mes de maio, cando se organizou o 1º Trofeo de Baile Internacional, no que participaron máis de 700 bailaríns de 40 escolas de baile con 200 coreografías.

MADAMA BUTTERFLY – 21 de novembro
Unha das pezas máis representadas e aclamadas polo público. O exotismo, a paixón, a espera e a honra están presentes ao longo de toda esta famosa ópera do famoso compositor italiano Giacomo Puccini.

EL CASCANUECES – 19 de decembro
Con esta obra, Tchaiskovsky creou en 1892 una das máis belas obras da danza universal. Un conto de fadas para todos os públicos representado polo Royal Russian Ballet con máis de 40 bailaríns en escena, un coidado vestiario e unha excelente coreográfica.

PICA PICA – 23 de decembro
Pica Pica celebrarán con todas as familias o seu 10º Aniversario, presentando espectáculo ‘10 años de Pica Pica’, con temas novos e tamén os seus grandes éxitos aclamados polos máis pequenos -e non tan pequenos- da familia.

CORO, BALLET E ORQUESTRA DO EXÉRCITO RUSO – 26 de decembro
Máis de 100 cantantes, bailaríns e músicos que emocionan aos espectadores coa interpretación dunha gran variedade de cancións populares rusas. Un espectáculo de traxes coloridos, voces dramáticas, coreografías vívidas e enerxía desbordante.

ANTOINE – 29 e 30 de decembro e 1 e 2 de xaneiro
Foi un dos espectáculos revelación dos Premios Max, os máis prestixiosos da escena española, onde estivo nomeado como “Mellor espectáculo revelación” e “Mellor composición musical para espectáculo escénico”. Está pensado como unha historia para toda a familia, que narra a historia do creador do libro “El Principito”, e a unión entre o seu autor, Antoine de Saint- Exupéry, e o seu principal personaxe.

REVISTA ABRIL

TEATRO NEGRO DE PRAGA – 4 de xaneiro
Un show que se basea en enganar ao ollo humano creando unha ilusión óptica, xogando con negro sobre negro, luces e cores. A pesar de que a orixe destas curiosas representacións remóntase na era imperial China, na República Checa revolucionouse e innovou a técnica convertendo ao Teatro Negro na función máis famosa da capital.

EL LAGO DE LOS CISNES – 8 de xaneiro
El lago de los cisnes, unha cativadora historia de amor, o virtuoso dobre papel de Odette / Odile, a forza da música de Tchaikovsky, e un dos máis grandes pas de deux do repertorio do ballet, converten esta obra nunha experiencia única. Con máis de 40 bailaríns en escena, esta suntuosa produción o Royal Russian Ballet captura toda a beleza e o drama do auténtico ballet romántico, un clásico atemporal que apela a calquera xeración.

CARMINA BURANA – 23 de xaneiro
Carmina Burana, a obra máis famosa de Carl Orff, é un canto á vida, ao amor, ao baile…- pero sempre cun ollo posto nos designios do destino. Baseado en 24 poemas latinos medievais cuxo espírito despreocupado contrasta vivamente cos conceptos tradicionais da vida e a morte na Idade Media, esta cantata radical e potente para coro a gran escala, orquestra e solistas foi un gran éxito na súa estrea en 1937. A súa popularidade en todo o mundo desde entón converteuna nunha firme favorita a pechar a programación de Nadal. Irá acompañada da 9ª Sinfonía de Beethoven co seu inmortal Himno da Alegría.