Eleven School


Este colexio británico ten como base de aprendizaxe o método Montessori. Situado na parroquia de Matamá, é unha referencia moi particular para matricular a nosa rapazada.
Nesta época abre as portas para todos os públicos mediante cita previa, dándolle ás familias a posibilidade de coñecer o proxecto e as instalacións. Unha ocasión fantástica para ver de primeira man o centro e un equipo docente formado na devandita metodoloxía pedagóxica. Eleven School procura que o alumnado adquira os coñecementos e os contidos establecidos a través da observación, da experimentación e de actividades dinámicas como as as narracións vivenciais de historia, as matemáticas manipulativas ou os talleres de ciencias.
Nunha visita presencial pódese comprobar a disposición das aulas, o mobiliario adaptado á altura da cativada e o material empregado para apoiar a educación nun ambiente totalmente preparado. Cada elemento deste colexio ten a razón de ser no desenvolvemento do alumnado en función dos designios de Maria Montessori.
Para concertar cita, pódese enviar un correo electrónico ou chamar directamente á escola.
Enderezo postal: Camiño Real, 10
Enderezo electrónico: info@elevenschool.com
Teléfono: 672 07 77 80
Redes: @montessorivigo
Lourdes Tomé
Redactora
Últimos posts de Lourdes Tomé (ver todos)
- Igualdade que vén ao conto - 10 Marzo, 2023
- CEIP Igrexa-Candeán - 13 Febreiro, 2023
- Os mellores colexios públicos de Vigo segundo os seguidores de A Movida - 31 Xaneiro, 2023
- Colexio San José de Cluny - 27 Xaneiro, 2023
- Colexio San Fermín - 27 Xaneiro, 2023