VIALIA
PLAYDOC

Colexio Montesol

Este centro plurilingüe de xornada continua abrangue todas as etapas educativas desde infantil ata secundaria, dando continuidade aos alumnos no mesmo centro ata acabar o ensino obrigatorio.

REVISTA ABRIL

Sempre en constante mellora e actualización, do Colexio Montesol cómpre salientar o proxecto Reinvent The Classroom (RTC); trátase dunhas aulas moi innovadoras que están dotadas dun amplo equipo tecnolóxico que lle brinda a todo o alumnado un pleno acceso a novas tecnoloxías e a información actualizada. Os exames de Cambridge, a horta escolar, as matemáticas manipulativas, as meteoescolas ou o patio acabado de anovar son outras características sobranceiras desta escola, que dispón de servizo de comedor con transporte escolar, cociña propia, aula matinal, actividades extraescolares ou mesmo reforzo escolar para alumnos con dificultades ou en certas materias ou que precisen unha mellora no tocante ás técnicas de estudo.

As familias interesadas en coñecer este colexio poden acudir ás xornadas de portas abertas para as que é necesario pedir cita a través do numero de teléfono ou mediante o formulario dispoñible na web.

Enderezo postal: Rúa Salceda de Caselas, 8, 36209
Enderezo electrónico: montesol@colexiomontesol.com
Teléfono: 986 20 85 12
Web: colexiomontesol.com

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.