REVISTA ABRIL

Colexio Atlántida

Na parroquia de Bouzas instalouse unha cooperativa dedicada ao ensino concertado que recibe todas as mañás lectivas unha rapazada comprendida entre os 3 e os 16 anos. O horario vai das 9:00 ás 14:00 nas etapas de educación infantil e primaria e alóngase ata as 14:20 no caso da secundaria; ademais ofrécense os servizos de aula matinal e de aula de mediodía, ampliando así o horario antes e despois das actividades reguladas.

Trátase dun centro con máis de 50 anos de traxectoria de carácter aconfesional, apolítico e plurilingüe, respectuoso con toda tendencia, crenza ou ideoloxía sen ánimo de influír en ningunha delas, mantendo sempre a liberdade de expresión. Unha escola que aposta por unha educación coherente coas necesidades reais do alumnado, potenciando o desenvolvemento da personalidade e complementando a oferta con actividades para reforzar os contidos aprendidos, como por exemplo as saídas culturais.

REVISTA ABRIL

O Colexio Atlántida conta con aula de informática, biblioteca, laboratorio e dous patios (un deles cuberto), entre outras dependencias. O servizo de comedor e as actividades extraescolares amplían a oferta educativa.

Os luns 6 e 13 de febreiro, ás 17:00 h, están programadas as xornada de portas abertas, ás que se pode acudir baixo cita telefónica.

Enderezo postal: rúa do Rocío, 7
Enderezo electrónico: cpr.atlantida@edu.xunta.es
Teléfono: 986 23 39 38
Web: colexioatlantida.com

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.