CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

O Colexio Bouza Brey e a importancia dos idiomas na infancia

A aprendizaxe de idiomas desde a infancia é un dos eixes do Colexio Bouza Brey. Como centro plurilingüe que son esfórzanse por ensinar idiomas aos cativos de forma positiva, dinámica e natural.

Na actualidade, aprender idiomas converteuse máis nunha necesidade que nun pasatempo. Ademais de enriquecernos persoalmente, son moitas as portas que nos abre profesionalmente se nos defendemos nunha segunda ou terceira lingua, como pode ser o inglés, o francés ou o alemán. Aprender un idioma, máis alá da nosa lingua materna, require de moito esforzo para calquera persoa, xa sexa adulto ou neno. A diferencia, e que cando se é máis cativo e moitísimo máis doado de adquirir debido a plasticidade que ten o cerebro dos nenos.

No Colexio Bouza Brey, esta ensinanza en novos idiomas dáse de forma positiva, dinámica e natural. Miran os beneficios non só en futuras oportunidades laborais para o seus alumnos senón que tamén saberán desenvolverse viaxando o estranxeiro, lendo un libro en inglés ou vendo unha película en versión orixinal. Como colexio plurilingüe que son, o emprego de dúas ou máis linguas considérano fundamental nos seus procesos educativos. Están adheridos o plan PIPE (Plan Integran de Purilinguismo Educativos), contan con un auxiliar de conversa en inglés na aula e inícianse en lingua francesa en 5º de Primaria. Ademais, cabe destacar tamén o ensino da linguaxe de signos para favorecer a comunicación de quen teñen discapacidade auditiva.

O colexio Bouza Brey defínese como un centro pluralista onde fomentan o espírito crítico e a capacidade de discusión. Abrangue todas as etapas escolares, dende os 3 ata os 16 anos de idade. Este centro abre as súas portas as 7.30h coa aula matinal, para todos aqueles pais que por asuntos laborais precisen deixar antes os seus fillos.

Ao preguntarlles polos obxectivos educativos que buscan en cada un dos niveis, explícannos que “en Infantil pretendemos que os nenos/as sexan felices, que se adapten ao colexio sen traumas. O colexio convértese no seu segundo fogar e nun lugar de convivencia e socialización. Un lugar onde o neno é valorado por si mesmo, con cariño e comprensión, ademais de acadar coñecementos propios da súa idade”. Mentres que en Primaria, “tamén pretendemos que o alumno adquira coñecementos de forma paulatina. Valoramos a orde e a disciplina, así como o respecto mutuo e o traballo diario.” E por último en Secundaria, “buscamos formar mozos e mozas competentes, respectuosos pero ao mesmo fomentamos o espírito crítico

Para os nenos de tres anos que chegan por primeira vez a escola, o Bouza Brey aconsella que, na medida do posible, os pais deixen aos cativos toda a mañá na clase desde o inicio. En caso de que o neno chore ou non queira continuar na aula, os profesores avisarán aos proxenitores para facer un proceso de adaptación adaptado ao cativo no que vaian probando por horas. O ratio é de 25 alumnos por clase, pero no caso das aulas de 3 anos durante as primeiras semanas contarán con persoal de apoio.

Dentro das súas instalacións, o Bouza Brey, conta con aula de educación especial, gabinete psicopedagóxico e departamento de orientación onde coordinan programas educativos como prevención de drogas ou acoso escolar. Tamén contan con servizo de comedor, coa opción de cociña de catering e autobús escolar.

CAMELIAS NADAL

Caracterízanse por ser un centro familiar e así o reafirman mantendo un contacto directo coas familias a través de titorías e informes trimestrais. Ofertan así mesmo actividades extraescolares tales como balé, teatro, guitarra, xadrez, idiomas…que dada a situación actual xerada pola covid-19 estanse a desenvolver de forma online. E outras moitas levadas a cabo nas instalacións de Máis que auga.

Máis información:

Web: www.colexiobouzabrey.com
Enderezo: Rúa San Juan, Vigo
Teléfono: 986377238

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.