CAMELIAS MASCOTAS

Cheira a fin de semana, o que non te podes perder

Si, xa é xoves. Si, mañá é venres! Se aínda non tes claro que facer esta fin de semana deixámosche algunhas propostas ben interesantes. Pero recorda que na Axenda da nosa web podes consultar TODOS os eventos que teñen lugar en Vigo.

Chega a cita anual para todo bo amante do motor. A Galiexpo Motorshow arranca mañá e faino por todo o alto: con máis espazo expositivo que nunca antes e cun espectáculo Drift Indoor que sorprenderá ao público. Aqueles que en lugar de andar en vehículos motorizados prefiren a bicicleta ou correr, están de sorte, porque este ano paralelamente ao Motorshow celébrase a Galiexpo Bike & running. Os runners poden participar na carreira Galiexpo Running que sairá do propio IFEVI o domingo pola mañá e percorrerá os montes de Puxeiros.

Un chisco de humor
Esta fin de semana as risas están aseguradas. Dous espectáculos encabezan as opcións de humor. O venres, Pepón Nieto, María Barranco e Paco Tous encabezan o cartel de ‘La Comedia de las Mentiras’ que representarán no Auditorio Mar de Vigo. O sábado Juanra Bonet e David Fernández colleranlles o relevo co seu espectáculo de sketchs ‘Dos’.

Imprímelle ritmo
Despois de varias semanas quentando motores de furancho en furancho, este sábado chega o día grande de San Blas. Non faltará viño, cocido e música tradicional. Non faltes ti! Co mapa de A Movida non terás perda.
Por suposto, tamén haberá moita música en directo. A destacar o concerto de O’Funkillo en La Fábrica de Chocolate o sábado. Pero tamén atoparás propostas para mover o corpo na sala Radar, La Iguana Club, La Pecera, El Contrabajo Club… Podes consultar todos os concertos aquí.

REVISTA NOVEMBRO

Os bailongos non se poden perder o IV Festival de Danza Acrobática de Vigo que se celebrará venres, sábado e domingo no Hotel Bahía e que contará coa presenza de artistas nacionais e internacionais. Combinará obradoiros e exhibicións dirixidos a todos os públicos.

Para os pequechos da casa
Esta fin de semana represéntanse en Vigo en forma de musical dous contos clásicos infantís: ‘Aladino e a lámpada marabillosa’ na Sala Ártika e ‘La Cenicienta y el zapatito de Cristal’ no Auditorio Mar de Vigo. E para ir quentando motores de cara ao Entroido, dúas actividades ben interesantes. O sábado obradoiro de máscaras e antefaces no Sifón e o domingo os merdeiros farán a súa primeira aparición nas rúas de Vigo acompañados da cativada.

Consulta todos os eventos na AXENDA de A Movida