Skip to content
  • Facebook
  • Twitter
  • Instragram
  • Faite Amovidalover
  • Faite Amovidalover
A Movida

A Movida

A Movida é a axenda cultural e de ocio en Vigo. Aquí poderás atopar todos os eventos que se organizan na cidade, concertos, espectáculos, festivais, charlas, actividades deportivas, festas…

  • Inicio
  • Axenda
    • Actividades deportivas
    • Actividades para o coco
    • Arte e Museos
    • As Nosas Festas
      • Entroido
      • Nadal en Vigo
      • A Reconquista
    • Concertos
      • Castrelos
    • Espectáculos
    • Festivais e Feiras
    • Gastro
    • Pequerrechos
  • Amovigo
  • A revista
    • Contidos
    • Exemplares en PDF
    • Onde atopala
    • Subscrición
    • As túas movidas
  • A Movidiña
  • Locais recomendados
  • A movida en
CARBALLEIRA
  • Amovigo

Dez plans que non podes perder neste 2022

Publicado o 30 Decembro, 2021 por Redacción

Agás que o endurecemento das restriccións o impida, a axenda de eventos para este ano que entra está do máis cargada. Concertos, teatro, espectáculos de comedia, festivais, carreiras… este é un bo momento para coller papel e boli e tomar nota do que está por vir. Se que res botar un ollo a moitos dos concertos que están programados para este 2022, preme aquí.

23/01 CARMINA BURANA (Mar de Vigo)

Carmina Burana estreouse en Frankfurt en 1937. Oitenta anos despois segue soando en salas de concertos de todo o mundo. A obra máis famosa de Carl Orff celebra o hedonismo, os praceres, a alegría de vivir… pero tamén mostra unha crítica mordaz á sociedade.

27/01 N.E.V.E.R.M.O.R.E. (Teatro Afundación)

Baixo a dirección de Xron, Manuel Cortés, Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo encabezarán o elenco da proposta de Chévere. N.E.V.E.R.M.O.R.E. pódese referir a corvos que falan ou a pobos que berran, mais a intención é a mesma: lembrar. A idea é seguir usando procedementos documentais para crear ficcións a partir da nosa memoria colectiva. Neste caso, comprobamos se a historia do Prestige foi algo máis ca unha catástrofe ecolóxica, porque ao mellor é unha metáfora, e haina que entender coma un aviso do que estaba por chegar

05-06/02 BERTO ROMERO (Teatro Afundación)

“Mucha tontería” é o monólogo de Berto Romero. O seu título é á vez unha declaración de intencións e unha precisa descrición do seu traballo sobre os escenarios durante os últimos 20 necesaria na nova cita con Berto. Novas historias, novas cancións e algunha que outra sorpresa nesta cita con Berto no teatro. Máis nada que un cómico, un guitarrista e toda a bobada necesaria para non parar de rir.

12/02 PABLO MILANÉS (Teatro Afundación)

Con 78 anos, o veterano compositor sobe aos escenarios coas mesmas emocións que lle deu a música en máis de seis décadas como cantautor. A xira ‘Gira de Luz’ é unha posta en escena cun formato íntimo, aínda que non menos sorprendente e emotivo, onde haberá novas composicións, mais non faltarán as súas cancións clásicas. Ese mesmo día no Mar de Vigo actuará Nacho Vegas.

03-06/03 GHOST, EL MUSICAL (Mar de Vigo)

O espectáculo, que recibiu o Premio Broadway World Spain ao Mellor Musical, é unha produción orixinal dirixida por Federico Bellone, director artístico de espectáculos de recoñecida traxectoria internacional entre os que destacan Mary Poppins, en Italia, de Disney e Cameron Mackintosh.

10/04 VIG-BAY (Vigo e Baiona)

Volve a popular carreira entre Vigo e Baiona, que celebra a súa XXI edición. Por segundo ano consecutivo, ademais do clásico medio maratón, tamén poderase correr o maratón completo, cun total de 42 quilómetros.

12/04 EELS (Mar de Vigo)

Unha das bandas alternativas máis interesantes das últimas décadas parará en Vigo, unha das tres cidades españolas escollidas para a xira ‘Lockdown Hurricane’. O líder da banda, Mr. E, ademais de polo seu labor musical é recoñecido por ser o autor do bestseller Cosas que los nietos deberían saber, publicado no noso país por Blackie Books.

23/04 PANTOMIMA FULL (Teatro Afundación)

O dúo cómico formado por Rober Bodegas e Alberto Casado volve aos escenarios co show ‘En su cabeza era espectacular’. Pantomima Full converteuse nun dos fenómenos máis exitosos da comedia estatal grazas aos pequenos vídeos que comparten nas redes sociais, retratando con precisión á sociedade actual.

10/07 LEON BRIDGES (Mar de Vigo)

Un dos grandes concertos do ano, a falta de saber o que ocorrerá con Castrelos, será o do músico norteamericano Leon Bridges. Malia a súa xuventude, xa é un dos referentes mundiais do soul e R&B.

¿? O MARISQUIÑO (Paseo das Avenidas)

Aínda sen data oficial (normalmente é na primeira metade de agosto), o maior festival da cidade espera realizar este ano o que non puido facer nos dous anteriores por mor da pandemia. Tras tanta polémica e tanta restricción, a cidadanía ten ganas de desfrutar do evento como hai anos, cando reunía a 160.000 persoas en tres días. Lembremos que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou nunha rolda de prensa en marzo que a edición do 2022 será “a máis importante que se fixo nunca na historia” e que ademais haberá un aumento significativo de inversión pública.

Apoia a cultura en Vigo, subscríbete a A Movida
Únete a nosa familia de #Amovidalovers e recibirás tódolos meses a revista na túa casa. Coa túa subscrición estarás contribuindo a que o proxecto medre e sigamos traballando a prol dunha cidade máis activa.

Publicaciones relacionadas:

  1. Dez motivos polos que non podes perder O Marisquiño
  2. Cheira a fin de semana, o que non te podes perder
  3. Sete actividades que non podes perder no Galician Freaky Film Festival
  4. O que non debes perder do Primavera do cine
2022 AFundación agenda axenda Berto Romero Carmina Burana chevere comedia Concerto concertos conciertos eels ghost el musical leon bridges mar de vigo maratón marisquiño monólogo nevermore pablo milanes Pantomima Full teatro Vig-Bay Vigo

Hoxe móvese

agosto

CC VialiaPraza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

30xul(xul 30)19:0016ago(ago 16)23:59The Champions Burger Smash EditionGASTRO | De balde 19:00 (30) - (agosto 16) 23:59(GMT+02:00) CC Vialia

Praia de SamilPlaya de Samil 36212

06ago(ago 6)20:0009(ago 9)23:59O MarisquiñoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00 (6) - 23:59 (9)(GMT+02:00) Praia de Samil

PontevedraPraza de España, 36900 Marín, Pontevedra

07ago(ago 7)18:0017(ago 17)22:00Festas da Peregrina en PontevedraAS NOSAS FESTAS | De balde18:00 (7) - 22:00 (17)(GMT+02:00) Pontevedra

Apo'strophe Sala de ArtePraza Francisco Fernández del Riego, 0, 36203 Vigo, Pontevedra

07ago(ago 7)18:0011set(set 11)21:00Dezaoito artistas para descubrir as outras caras do BrasilARTE E MUSEOS | De balde (agosto 7) 18:00 - (setembro 11) 21:00(GMT+02:00) Apo'strophe Sala de Arte

TODOS OS EVENTOS
TODAS AS EXPOSICIÓNS

Axenda pequerrechos

agosto

Vigo NaturePlaza de Los Leones, s/n, 36316 Vigo, Pontevedra

08ago12:0019:00'Vigo á Escuras', programa especial eclipsePEQUERRECHOS | Desde 2,70 €12:00 - 19:00(GMT+02:00) Vigo Nature

Fortaleza O CastroPaseo Rosalía de Castro, 5, 36203 Vigo, Pontevedra

09ago11:0012:30En busca dos edificios perdidosPEQUERRECHOS | De balde 11:00 - 12:30(GMT+02:00) Fortaleza O Castro

Vigo NaturePlaza de Los Leones, s/n, 36316 Vigo, Pontevedra

09ago12:0019:00'Vigo á Escuras', programa especial eclipsePEQUERRECHOS | Desde 2,70 €12:00 - 19:00(GMT+02:00) Vigo Nature

CC A LaxeRúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

09ago17:00O Marisquiño: obradoiro infantil de parkourPEQUERRECHOS | De balde 17:00(GMT+02:00) CC A Laxe

Séguenos nas redes

A escena musical viguesa

Música local
  • Quen somos
  • Contacto
  • #AMOVIDALOVERS
  • Publica o teu evento
  • Newsletter
  • Sorteos
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • © A Movida
X