CASAACUNHA

Barafunda: animando os soños

Oxalá os nosos soños fosen realidade, porque temos para repartir. As festas poden ser boa ocasión para que se cumpran algúns deles, e a empresa Barafunda Animación é especialista en organizar eventos á medida nos que o entretemento está garantido. Con case tres lustros de experiencia e un amplo equipo de profesionais especialistas en ocio educativo e animación sociocultural, estes profesionais son uns dos mellores organizadores de eventos que temos na cidade.

Animación na rúa, contacontos, decoración con globos, espectáculos, eventos personalizados, obradoiros… e unha manchea de actividades para non parar. O equipo fai o deseño, a creación e a produción dos servizos de animación, tanto para o público infantil como para o público adulto que non esquece o que é soñar.

Banner A Movidiña

A proximidade cos cativos e a orixinalidade é algo que caracteriza a empresa, con animadores tan divertidos como profesionais. O enfoque nas festas infantís, con bailes, globoflexia, magos, maquillaxe, música, pallasos, xincanas, xogos… Ademais tamén se esmeran organizando festas temáticas, sempre cun punto sorpresa que satisfai ao cen por cento as necesidades dos pequerrechos.

Co corazón poderemos crear ilusión, e os responsables desta empresa poden facer que se cumpran a través das propostas que lles queiramos achegar. Barafunda fai que os soños se volvan reais.

Camiño do Pombal, 38 | 986 22 12 18 | info@barafundaanimacion.com | barafundaanimación.com

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.