‘Algún sitio al que volver’, de Cambaleo Teatro
«A ese mundo repugnante entregamos las armas. Y rendidos emprendemos viaje a alguna frontera. Lejana y desconocida. Quizá a festejar el conocimiento adquirido en este viaje sin sentido. O a festejar esta derrota grandiosa y sin paliativos. O a festejar ambas cosas a la vez. O festejar sin motivo alguno». Así é como presenta Cambaleo Teatro, a veterana compañía dos irmáns Sarrió, o seu último espectáculo: Algún sitio al que volver. Facendo honra a este título, os madrileños regresan á súa casa galega, o escenario negro do teatro Ensalle, cunha proposta que aborda cuestións fundamentais sobre os estilos de vida da actualidade, a relación co traballo, a incerteza destes tempos, o cansazo e a necesidade de pararse a contemplar como unha alternativa á velocidade desapiadada do sistema capitalista.
Con dirección e textos de Carlos Sarrió, a nova montaxe de Cambaleo xorde dun poemario do autor madrileño e do ensaio La sociedad del cansancio, do filósofo surcoreano Byung-Chul Han. Algún sito al que volver propón unha suxerente posta en escena en que o vídeo de David Ruiz dialoga coa acción escénica, a pintura e a música en directo dun elenco de sete intérpretes: Eva Blanco, Julio C. García, Begoña Crespo, Martín Cano, Flor Goldstein, Julia Eme e Antonio Sarrió. Non deixes pasar a oportunidade de ver na sala da rúa de Chile o último traballo dunha das compañías máis interesantes e comprometidas do panorama escénico estatal.
Data e hora: Venres 3, sábado 4 e domingo 5, ás 20.00 horas
Lugar: Teatro Ensalle
Entrada: 10,00 € (reserva en teatroensalle.com)
Ernesto Is
Escritor
Ernesto Is
Últimos posts de Ernesto Is (ver todos)
- ‘Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos’, de VACAburra - 31 Maio, 2024
- ‘Soñar al borde del precipicio’, de Anómico Teatro - 20 Maio, 2024
- ‘Helen Keller, a muller marabilla?’, de Chévere - 5 Marzo, 2024
- ‘O raro é que bailar sexa raro’, de VACAburra - 12 Decembro, 2023
- ‘Deadpan Karaoke’, de Ibuprofeno Teatro - 6 Novembro, 2023