REVISTA MAIO

‘Soñar al borde del precipicio’, de Anómico Teatro

«En sueños, estoy dentro de una guerra, real o de videojuego, no sé cómo distinguir lo uno de lo otro. Corro desesperado por entre los edificios en ruinas junto a otros soldados, mientras escucho el incesante ruido de las explosiones. Alcanzo un descampado, ahora estoy a tiro de dron, a tiro de misil o Dios sabe qué tipo de tiro. Me tumbo boca abajo, me hundo en el barro y me duermo. Soñar dentro del sueño es la única salida». Anómico Teatro presenta en Ensalle o seu novo espectáculo: Soñar al borde del precipicio.

A compañía de Julio Fernández Peláez regresa á sala da rúa de Chile cunha proposta cuxo fío condutor é o mundo dos soños; o soño como acubillo nun mundo cunha forte crise ecosistémica, o soño como negación da realidade, pero, tamén, o soño como espazo para a ilusión e a imaxinación. O espectáculocomponse de relatos autobiográficos, reflexións filosóficas, poesía e interacción co público, ademais dunha serie de «accións para dormentes» que o propio Fernández Peláez realiza cun anteface para durmir.

O creador zamorano indica que a obra «pretende ser unha peza inacabada, en constante cambio e expansión» onde cada función presenta «unha fase REM da obra, non a obra como tal». Achégate ao Teatro Ensalle para soñar ao bordo do precipicio.

Data e hora: de venres 24 a domingo 26 ás 20:00 h
Lugar: Teatro Ensalle
Entradas: 10,00 €

Texto e creación escénica: Julio Fernández Peláez

Iluminación: Antoine Forgeron

Colaboración audiovisual: Terrorismo de Autor, Eva Alfonso e María Costa

Música: Roberto García de Mesa

Produción: Anómico Teatro

Ernesto Is
Escritor

The following two tabs change content below.

Ernesto Is

É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté | Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.