REVISTA ABRIL

‘Cuarenta… (Mensajes desde el horizonte de sucesos)’, de Cambaleo Teatro

«En 2022 cumplimos cuarenta años y hemos querido celebrarlo haciendo un espectáculo que recorra, con mirada actual, algunos eventos de nuestras dramaturgias que han sido hitos en los que nos hemos apoyado para crecer. Con este espíritu de unir pasado y presente nace Cuarenta… (Mensajes desde el horizonte de sucesos). Este viaje que proponemos al espectador surge de algunas premisas previas: no dar nada por sentado, la certeza es enemiga del conocimiento y la poesía es la manera más precisa de analizar la realidad». Cambaleo Teatro, unha compañía madrileña de referencia na escena estatal, está de aniversario. E vaino celebrar no Teatro Ensalle coa presentación, ao longo de tres días, da montaxe coa que conmemoran dita efeméride: Cuarenta… (Mensajes desde el horizonte de sucesos). Os irmáns Antonio e Carlos Sarrió, canda as súas colaboradoras habituais, Eva Blanco, Begoña Crespo e Julio C. García, propóñennos nun novo espectáculo un percorrido pola ansia de transcender, pola incerteza, pola mediocridade, pola poesía, pola redefinición de «normal», pola saúde mental e pola morte. Temáticas abordadas desde o selo inconfunduble desta veterana agrupación, no que a palabra, a ironía e a filosofía, combinadas asemade con accións físicas de alta carga poética, ofrecen un punto de vista certeiro e necesario sobre os nosos tempos. A cita coincide con outra celebración: a das dúas décadas do Teatro Ensalle, desde 2003, sala e refuxio cultural da vangarda teatral que dirixen Raquel Hernández, Pedro Fresneda, Artús Rey e María Costa no número 15 da rúa de Chile. Parabéns! Por moitos anos de programación escénica de calidade por diante.

TRAILER CUARENTA from Cambaleo Teatro on Vimeo.

Data e hora: venres 13, sábado 14 e domingo 15; ás 20:00

REVISTA ABRIL

Lugar: Teatro Ensalle

Entradas: teatroensalle.com

Ernesto Is
Escritor

The following two tabs change content below.

Ernesto Is

É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté | Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.