Afundación trae a vigo os ‘Latexos’ do arte galego desde s.XIX ata a actualidade
A mostra Latexos na Colección de Arte Afundación é unha pequena selección das 5.000 obras coas que conta a Afundación. Pódense ollar cadros que van desde finais do s.XIX ata outros dos últimos anos.
Latexos é unha colección viva, que crece paralelamente á sociedade. A mostra, levada a cabo por Paloma Vela e Mercedes Rozas, reúne as mellores pinturas galegas da Colección de Arte Afundación.
O recorrido de Latexos está plantexado de forma que nada máis entrar atopas, por un lado, a primeira obra adquirida e catalogada na colección Afundación, nos anos 70. Á vez que ao seu carón, están dispostas ás últimas adquisicións feitas por novos artistas emerxentes.
E en contraposición a isto, o segundo latexo quere facer fincapé a todo aquilo que esta detrás dunha mostra de arte: a montaxe das obras e a súa restauración. Afundación conta no seu equipo coa recoñecida restauradora Rosario Dios que levou a cabo un laborioso traballo que pode observarse na mostra.
A partir deste primeiro encontronazo, podemos seguir avanzando pola sala e iremos atopando diferentes latexos que contan diferentes historias. Podemos ver reflectidas as diferentes clases sociais representadas a través dos ollos dos artistas. Ou a paisaxe Galega a través da súa mirada. Tamén hai espazo para o ‘latexo femenino’ onde vemos a muller como artista e por outro lado a muller representada na arte.
Por último, tamén hai espazo para arte contemporánea con ‘latexo para as novas técnicas’, a través do que achegarnos as novas visións da arte. Ana Soler dá a súa visión da nova escultura dende unha mirada poética.
Trátase dunha mostra moi completa na que se pode ver a evolución dos artistas galegos dende tempos pasados ata a actualidade máis presente.
O CEIP Mestres Goldar colaborou coa Afundación para facer un vídeo que nos achega a obra dos artistas. A exposición ten unha parte didáctica moi importante e xa teñen confirmada a visita da moitísimos colexios vigueses.
Ana Puga
Últimos posts de Ana Puga (ver todos)
- Afundación trae a vigo os ‘Latexos’ do arte galego desde s.XIX ata a actualidade - 28 Novembro, 2018
- MOSTRARTE, 10 anos promovendo a arte na cidade - 14 Novembro, 2018
- Dúas viguesas crean un fanzine sobre mulleres que abriron camiño - 13 Novembro, 2018