MOSTRARTE, 10 anos promovendo a arte na cidade – A Movida

MOSTRARTE, 10 anos promovendo a arte na cidade

“MOSTRARTE”, o espazo dedicado a arte na Alcaldía do Concello de Vigo, cumpre 10 anos e o celebra mañá coa inauguración da exposición número 63. Unha revisión de 10 anos de arte en Vigo, renovando así o compromiso da cidade co arte galego.

A exposición arrancará coa presentación dun libro editado por EDAC, o equipo que organiza “MOSTRARTE”. Un traballo que lles levou tempo xa que tiveron que recompilar todos os textos e imaxes. Falando con Mingos Teixeira un dos membros de este equipo dinos: “Cremos que o resultado é un libro moi dinámico e visual, un mostrario marabilloso do panorama artístico vigués na última década”. Por esta sala pasaron máis de 150 artistas de distintas xeracións que deron a coñecer as distintas formas da arte vividas na cidade.

Grazas a estes 10 anos de exposicións o patrimonio artístico da cidade ten crecido moitísimo. Froito das doazóns dos artistas en agradecemento por facilitar un espazo no que mostrar as súas creacións.

Todos os artistas vigueses que estean intentado abrirse camiño no mundo da arte pode poñerse en contacto con esta sala expositiva. Mingos Teixeira explica que “a idea é alternar a mostra de artistas consagrados coa de novos artistas. E non deixar de lado ningunha disciplina artística. Temos realizado mostras colectivas de maestrados de arte galego, adolescentes, artistas urbanos, fotógrafos, ilustradores, gravado… creo que nestes 10 anos démoslle a todos os paus!”

A mostra que se inaugura mañá está composta por 35 obras de artistas que xa non se encontran entre nós, como Leopoldo Varela, Xavier Pousa, Solveira… e de artistas que levan tempo sen expoñer na nosa cidade.

15nov13:3010 anos de exposicións no Concello de VigoINAUGURACIÓN + PRESENTACIÓN LIBRO | De balde13:30 Concello de Vigo

15nov(nov 15)09:0031dec(dec 31)13:3010 anos de exposicións no Concello de VigoEXPOSICIÓN | De balde(novembro 15) 09:00 - (decembro 31) 13:30 Concello de Vigo

Compartir
X