REVISTA ABRIL

Afundación trae a vigo os ‘Latexos’ do arte galego desde s.XIX ata a actualidade

A mostra Latexos na Colección de Arte Afundación é unha pequena selección das 5.000 obras coas que conta a Afundación. Pódense ollar cadros que van desde finais do s.XIX ata outros dos últimos anos.

Latexos é unha colección viva, que crece paralelamente á sociedade. A mostra, levada a cabo por Paloma Vela e Mercedes Rozas, reúne as mellores pinturas galegas da Colección de Arte Afundación.

O recorrido de Latexos está plantexado de forma que nada máis entrar atopas, por un lado, a primeira obra adquirida e catalogada na colección Afundación, nos anos 70. Á vez que ao seu carón, están dispostas ás últimas adquisicións feitas por novos artistas emerxentes.

E en contraposición a isto, o segundo latexo quere facer fincapé a todo aquilo que esta detrás dunha mostra de arte: a montaxe das obras e a súa restauración. Afundación conta no seu equipo coa recoñecida restauradora Rosario Dios que levou a cabo un laborioso traballo que pode observarse na mostra.

A partir deste primeiro encontronazo, podemos seguir avanzando pola sala e iremos atopando diferentes latexos que contan diferentes historias. Podemos ver reflectidas as diferentes clases sociais representadas a través dos ollos dos artistas. Ou a paisaxe Galega a través da súa mirada. Tamén hai espazo para o ‘latexo femenino’ onde vemos a muller como artista e por outro lado a muller representada na arte.

REVISTA ABRIL

Por último, tamén hai espazo para arte contemporánea con ‘latexo para as novas técnicas’, a través do que achegarnos as novas visións da arte. Ana Soler dá a súa visión da nova escultura dende unha mirada poética.

Trátase dunha mostra moi completa na que se pode ver a evolución dos artistas galegos dende tempos pasados ata a actualidade máis presente.

O CEIP Mestres Goldar colaborou coa Afundación para facer un vídeo que nos achega a obra dos artistas. A exposición ten unha parte didáctica moi importante e xa teñen confirmada a visita da moitísimos colexios vigueses.